Nome orixinal | (es) María Dolores Herrera Arranz |
---|---|
Biografía | |
Nacemento | 30 de xuño de 1935 (89 anos) Valladolid, España |
Outros nomes | Lola Herrera |
Actividade | |
Ocupación | actriz |
Período de actividade | 1957 - |
Membro de | |
Familia | |
Cónxuxe | Daniel Dicenta (1960–1967) |
Fillos | Natalia Dicenta |
Premios | |
Lola Herrera, nada en Valladolid o 30 de xuño de 1935, é unha actriz de teatro e cine española.
Os seus inicios son musicais pero a mediados dos cincuenta viaxa a Madrid e comeza a súa andaina como actriz. Participa en El pórtico de la gloria a súa primeira película no ano 1953. Intervén en multitude de obras de teatro filmadas para RTVE durante toda a súa carreira. En 1978 realiza Arriba Azaña, onde comparte protagonismo con Fernando Fernán Gómez e Héctor Alterio entre outros. En 1981 protagoniza Función de noche unha innovadora proposta da directora Josefina Molina e que narra as desventuras dun matrimonio de actores na vida real, Herrera e Daniel Dicenta, e as relacións cos seus fillos. Lola Herrera sempre se sentiu orgullosa deste papel e denomina o filme como "unha terapia". En 1982 coprotagoniza xunto a Alfredo Landa La próxima estación de Antonio Mercero e que narra a problemática xuvenil.
En 1996 participa en El amor perjudica seriamente la salud onde dá vida á suegra de Juanjo Puigcorbé. Nestes últimos anos participou en numerosas series de televisión, entre as que destacan La casa de los líos xunto a Arturo Fernández, El grupo na cal interpretaba á nai dunha das pacientes do grupo levado polo psicólogo Héctor Alterio e Un paso adelante onde daba vida á directora da academia de baile e interpretación onde transcorría a acción.
Moito máis vencellada ó teatro que ó cine ou á televisión, está considerada unha das grandes damas da escena española por crítica e público. Entre as súas interpretacións teatrais máis lembradas cómpre salientar as de Las amarga lágrimas de Petra von Kant ou Cinco horas con Mario, monólogo desenvolvido a partir da obra de Miguel Delibes e que leva representando máis de 25 anos. Entre os seus últimos éxitos esta Solas adaptación teatral da película do mesmo nome.
Lola Herrera recibiu entre outros premios, o Max das artes escénicas por Solas en 2006, Fotogramas de Prata en 2005 e 2006 por Cinco horas con Mario e Solas respectivamente e o Premio Ercilla de Teatro a toda unha vida dedicada ó teatro.
Casada co actor Daniel Dicenta, divorciouse, tendo dous fillos en común, Natalia e Daniel. Natalia Dicenta, compartiu cartel coa súa nai en varias ocasións, entre elas en "Eva al desnudo", e a última ocasión en Solas onde interpretaba a súa filla na ficción. Por este papel foi candidata ós Fotogramas de Prata e ós Premios Max.