Loreak | |
---|---|
Ficha técnica | |
Título orixinal | Misery |
Director | Jon Garaño Jose Mari Goenaga |
Produtor | Xabier Berzosa |
Guión | Jon Garaño Aitor Arregi Jose Mari Goenaga |
Intérpretes | Nagore Aranburu Itziar Ituño Itziar Aizpuru Josean Bengoetxea Ane Gabarain |
Música | Pascal Gaigne |
Fotografía | Javi Agirre Erauso |
Montaxe | Raúl López |
Estudio | Irusoin Moriarti Produkzioak EITB TVE |
Distribuidora | A Contracorrientefilms (España) Music Box Films (USA) Film Factory Entertainment (Internacional) |
Estrea | 31 de outubro de 2014 |
Duración | 99 minutos |
Orixe | País Vasco |
Xénero | Drama |
Na rede | |
http://www.loreakfilm.com | |
Loreak é un filme dramático vasco dirixido por Jon Garaño e Jose Mari Goenaga que se estreou no 2014. Estreouse na sección oficial do Festival Internacional de Cinema de Donostia de 2014, e ese mesmo ano tamén foi estreado no Festival de Cinema de Londres, no Festival de Cinema de Zürich, no Festival Internacional de Cinema de Toquio e no Festival Internacional de Cinema de Palm Springs (2015).[1][2][3]
Converteuse no primeiro filme en lingua éuscara en ser nomeada para o Premio Goya de mellor filme.[4] Foi escollida como entrada española como mellor filme en lingua non inglesa na 88ª edición dos Oscar, sendo o primeiro filme en lingua éuscara en selo, pero finalmente non chegou a ser nomeado.[5][6]
A vida de Ane dá un xiro cando, semana tras semana, comeza a recibir un ramo de flores na súa casa, sempre á mesma hora e sempre de xeito anónimo. Lourdes e Tere tamén se ven afectadas por unhas misteriosas flores que un descoñecido deposita semanalmente en memoria de alguén que foi importante nas súas vidas. As vidas destas tres mulleres veranse alteradas pola simple presenza duns ramos de flores que farán abrochar nelas sentimentos que parecían esquecidos.