Nome orixinal | (fr) Louis Augustin Guillaume Bosc |
---|---|
Biografía | |
Nacemento | 29 de xaneiro de 1759 París, Francia |
Morte | 10 de xullo de 1828 (69 anos) París, Francia |
Actividade | |
Campo de traballo | Botánica |
Ocupación | botánico, carcinólogo, micólogo, zoólogo, ornitólogo, entomólogo, ictiólogo |
Membro de | |
Obra | |
Abreviación dun autor en botánica | Bosc |
Familia | |
Pai | Paul Bosc d'Antic |
Irmáns | Joseph-Antoine Bosc d'Antic |
Premios | |
Descrito pola fonte | Encyclopædia Britannica |
Louis Augustin Guillaume Bosc, ou Louis-Augustin Bosc d'Antic,[1] nado en París o 29 de xaneiro de 1759 e finado na mesma cidade o 10 de xullo de 1828, foi un botánico, zoólogo (especializado en invertebrados) e entomólogo francés.
Fillo de Paul Bosc de Antic (1726-1784), médico e químico, estudou en Dijon, onde foi alumno do botánico Jean-François Durande (1732-1794) e do químico Louis-Bernard Guyton de Morveau (1737-1816). Incapaz de entrar na artillaría, primeiro traballou nos servizos da Fiscalía xeral en 1777 e despois na intendencia de Correos, onde chegou a ser Secretario xeral en 1778. A continuación segue os cursos de botánica de Antoine-Laurent de Jussieu (1748-1836) onde coincide con René Desfontaines (1750-1831) e con Pierre Marie Auguste Broussonet (1761-1807). Tamén frecuentou a célebre parella Jean Marie Roland (1734-1793) e madame Roland (1754-1793), e mantén relacións con Johan Christian Fabricius (1745-1808).
Rexeita embarcarse con Jean-François de La Pérouse (1741-1788) na súa expedición ao redor do mundo. Xunto a André Thouin (1746-1824), Pierre Marie Auguste Broussonet (1761-1807), Aubin-Louis Millin de Grandmaison (1759-1818) e Pierre Willemet (1762-1824), Bosc de Antic participou, en 1787, na fundación da primeira Sociedade linneana do mundo, a Société linnéenne de Paris. Pronto se lles uniron outros eminentes naturalistas. A sociedade disolveuse en 1789. Tamén participou activamente na Société philomatique.
Roland permitiulle conseguir un traballo nun posto mellor, de administrador de Correos, pero a caída en desgraza do ministro o arrastra, sendo despedido o 14 de setembro de 1793.[2]. Bosc de Antic únese ao Club dos xacobinos. Refuxiouse no Priorado de Sainte Radegonde, no bosque de Montmorency (Val do Oise), que albergaba a unhas poucas persoas perseguidas polo Terror, como Roland, Masuyer e Louis-Marie de La Révellière-Lépeaux (1753-1824), ocupándose sempre da historia natural}. Salva a Louvet, esconde as memorias de Barbaroux, protexe a madame Roland e convértese en titor de Eudora Roland, a filla de Roland. Tamén vive naqueles momentos nas montañas que separan as concas do Marne e o Sena, entre Langres e Châtillon.[3]. Despoois, La Révellière-Lépeaux, convertido en membro do Directorio, lle permite partir para Estados Unidos de América, primeiro como vicecónsul en Wilmington en 1797, e despois como cónsul de Nova York en 1798. Bosc segue a dedicar o seu tempo ao estudo da historia natural, formando grandes coleccións.
Bosc d'Antic debe volver a Francia, en 1800, e chega a ser durante un tempo administrador dos hospicios e prisións, así como do Monte de Piedade. Fixo viaxes a Suíza e Italia, onde realizou observacións científicas, traendo con el unha colección de peixes petrificados, ofrecida pola cidade de Verona ao xefe do Estado para o Museo de historia natural.[3]. Obtén en 1803, grazas a Georges Cuvier (1769-1832), o posto de inspector dos xardíns e viveiros de Versalles, e en 1806 dos viveiros que dependían do Ministerio do Interior.
Doou as súas coleccións aos seus amigos naturalistas. Así, Fabriciis e Guillaume-Antoine Olivier (1756-1814) recibiron as dps seus insectos, François Marie Daudin (1774-1804) as de avess, Pierre André Latreille (1762-1833) as de réptiles e a Lacépède (1756-1825) as de peixes. Tamén foi amigo e protector do naturalista Jean Baptiste Bory de Sainr-Vincent (1778-1846) e de Jean Marie Léon Dufour (1780-1865).
En 1806 foi elixido membro da Academia de Ciencias na sección de economía rural, introdúcese no Instituto, antes de entrar máis tarde no Consello de Agricultura e na Xunta Directiva da escola de Veterinaria de Alfort. En 1815 foi secretario de Carnot e en 1819 conselleiro de agricultura de Decazes. En 1825 sucedeu a André Thouin (1746-1824) na cátedra de Cultura no Museo Nacional de Historia Natural de París.
Enfermo desde o ano 1820, morreu en 1828. Bosc d'Antic está enterrado nun pequeno cemiterio situado no bosque de Montmorency, bosque aberto ao público, na comuna de Saint-Prix no Val do Oise.
Wikispecies posúe unha páxina sobre: Louis-Augustin Bosc d’Antic |