![]() ![]() | |
Biografía | |
---|---|
Nacemento | 10 de outubro de 1870 ![]() Hobart, Australia ![]() |
Morte | 23 de novembro de 1935 ![]() Mosman, Australia (en) ![]() ![]() |
Actividade | |
Ocupación | poetisa, escritora, correspondente de guerra, novelista ![]() |
Familia | |
Irmáns | Amy Eleanor Mack ![]() |
![]() |
Marie Louise Hamilton Mack, nada en Hobart (Tasmania) o 10 de outubro de 1870[1] e finada en Mosmano 23 de novembro de 1935, foi unha xornalista e escritora australiana.
Foi filla de Hans Hamilton Mack, ministro wesleyano que foi trasladándose coa familia dun estado a outro por mor do seu traballo. Fixo os estudos secundarios no Sydney Girls High School, onde coñeceu Ethel Turner.
En 1896 publicou a súa primeira novela, e entre 1898 e 1901 escribió "A Woman's Letter" en The Bulletin. En 1901 publicou a súa única colección de poesía. Viaxou por Inglaterra e Europa. O estoupido da primeira guerra mundial coincidiulle en Bélxica. Traballou como correspondente de guerra para as publicacións londinienses Evening News e Daily Mail.[2][3] Foi testemuña da invasión alemá de Anveres, e en 1915 publicou A Woman's Experiences in the Great War.[4] En 1916 regresou a Australia, onde deu unha serie de conferencias sobre as súas experiencias de guerra.[5][6] Escribió con frecuencia para The Sydney Morning Herald, o Bulletin e outros periódicos e revistas.[3]
O 8 de xaneiro de 1896 casou coa avogado dublinense John Percy Creed, finado en 1914. O 1 de setembro de 1924 casou con Allen Illingworth Leyland, finado en 1932.