Biografía | |
---|---|
Nacemento | 7 de xuño de 1936 A Mezquita, España |
Morte | 23 de abril de 2016 (79 anos) Madrid, España |
Causa da morte | alzhéimer |
Ministerio de Educación, Cultura e Deporte de España | |
6 de abril de 1979 – 11 de setembro de 1981 ← Íñigo Cavero – Juan Antonio Ortega y Díaz-Ambrona → | |
Q47441445 | |
6 de abril de 1979 – 26 de febreiro de 1981 | |
Deputado no Congreso dos Deputados | |
13 de marzo de 1979 – 31 de agosto de 1982 Lexislatura: I lexislatura de España Circunscrición electoral: Pontevedra Electo en: Eleccións Xerais 1979 en España | |
Senador de España | |
15 de xuño de 1977 – 2 de xaneiro de 1979 Circunscrición electoral: Ourense | |
Datos persoais | |
Educación | Universidade Complutense de Madrid |
Director de tese | Enrique Gómez Arboleya (pt) |
Actividade | |
Lugar de traballo | Madrid |
Ocupación | sociólogo, político |
Empregador | Universidade Complutense de Madrid |
Partido político | Unión de Centro Democrático |
Membro de | |
Obra | |
Doutorando | Jorge Verstrynge Rojas |
Premios | |
Luis González Seara, nado na Mezquita (A Merca) o 7 de xuño de 1936 e finado en Madrid o 23 de abril de 2016, foi un sociólogo e político galego.
Foi doutor en Ciencias Políticas e secretario xeral do Instituto de la Opinión Pública (1963-1969). Exerceu a docencia como catedrático de Socioloxía na Universidade de Málaga e na Universidade Complutense de Madrid, da que foi decano (1971). Foi un dos fundadores do Partido Social Demócrata de Francisco Fernández Ordóñez e da revista Cambio 16 e de Diario 16. Foi senador pola UCD por Ourense (1977-1979), deputado por Pontevedra no Congreso dos Deputados (1979-1982) tamén pola UCD aínda que o 4 de febreiro de 1982 pasou ao grupo mixto. Foi ministro de Universidades e Investigación (1979-1981). Foi catedrático de socioloxía na Universidade Complutense de Madrid.