Biografía | |||||||||||||||||
---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|
Nacemento | (ca) Lluís Pérez-Sala i Valls-Taberner 15 de maio de 1959 (65 anos) Barcelona, España | ||||||||||||||||
Actividade | |||||||||||||||||
Ocupación | piloto de automobilismo, piloto de Fórmula Un | ||||||||||||||||
Empregador | Hispania Racing F1 Team, director de escola (2011–2013) | ||||||||||||||||
Deporte | automobilismo Fórmula 1 | ||||||||||||||||
| |||||||||||||||||
Participou en | |||||||||||||||||
2003, 2004 | Spanish GT Championship (en) –Grupo GT3 (pt) (1º) | ||||||||||||||||
1991, 1993 | Campeonato de España de Turismos (en) (1º) | ||||||||||||||||
1980 | Copa Nacional Renault (en) (1º) | ||||||||||||||||
Familia | |||||||||||||||||
Parentes | Daniel Juncadella, sobriño Xavier Juncadella Salisachs, cuñado |
Luis Pérez-Sala Valls-Taberner, nado en Barcelona o 15 de maio de 1959, é un expiloto catalán de carreiras que competiu en Fórmula 1, Fórmula 3, Fórmula 3000 e Touring Cars. Tamén foi o director do equipo de HRT F1 Team durante a tempada 2012 de Fórmula Un.
Pérez-Sala disputou o Campionato italiano de Fórmula 3 de 1985 e trasladouse a Fórmula 3000 para competir de xeito bastante máis convincente, gañando carreiras en Birmingham e Enna en 1986. Foi segundo por detrás de Stefano Modena no campionato de F3000 de 1987. Fíxose famoso polas súas discusións con Alfonso de Vinuesa, causadas por opinións políticas.
O equipo Minardi de Fórmula Un contratou a Pérez-Sala para a tempada 1988. Fixo o seu debut o 3 de abril de 1988, na carreira inaugural da tempada en Brasil, onde cualificou 20º, pero non puido terminar a carreira cando o seu alerón traseiro colapsou. Durante as seguintes cinco roldas, superou continuamente a seu compañeiro de equipo e compatriota Adrián Campos, que foi substituído por Pierluigi Martini a partir da sexta rolda do Campionato en Detroit.
Martini e Pérez-Sala foron compañeiros, en 1988 e 1989, con Martini, cualificando e superando a Pérez-Sala. O único punto de Pérez-Sala veu dun sexto lugar no Gran Premio do Reino Unido de 1989. Xunto cos dous puntos que anotou Martini terminando quinto, a parella obtivo os puntos suficientes para manter a Minardi fora da precualificación para o resto da tempada. Ao final da tempada 1989, tras non cualificarse para a última carreira da tempada, o Gran Premio de Australia (mentres que Martini cualificou terceiro só por detrás dos McLaren - Honda de Ayrton Senna e Alain Prost), deixou a Fórmula Un logo de iniciar 26 dos 32 Grandes Premios nos que participou. Logo da súa retirada da Fórmula Un, Pérez-Sala converteuse nun habitual no campionato de España de turismos.
En xullo de 2011, foi recrutado como consultor do equipo Hispania de F1, que foi fundado polo seu ex compañeiro no equipo Minardi Adrián Campos.[1] O 15 de decembro de 2011, anunciouse que se convertería no director do equipo HRT, en substitución de Colin Kolles.[2][3]
A Galipedia ten un portal sobre: Fórmula 1 |
(key) (Carreiras en letra grosa indican pole position; carreiras en italica indican volta rápida.)
Ano | Equipo | 1 | 2 | 3 | 4 | 5 | 6 | 7 | 8 | 9 | 10 | 11 | DC | Puntos |
---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|
1986 | Pavesi Racing | SIL 12 |
VAL Ret |
PAU 5 |
SPA 4 |
IMO 5 |
MUG DSC |
PER 1 |
ZEL 5 |
BIR 1 |
BUG 5 |
JAR 7 |
5th | 24.5 |
1987 | Lola Motorsport | SIL Ret |
VAL 2 |
SPA 18 |
PAU Ret |
DON 1 |
PER Ret |
BRH 9 |
BIR 4 |
IMO 3 |
BUG 1 |
JAR 5 |
2º | 33 |
(Chave) As carreiras en letra grosa indican pole position; as carreiras en cursiva indican volta rápida.
Ano | Equipo | Chasis | Motor | 1 | 2 | 3 | 4 | 5 | 6 | 7 | 8 | 9 | 10 | 11 | 12 | 13 | 14 | 15 | 16 | Pos. | Puntos |
---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|
1988 | Lois Minardi Team | Minardi M188 | Cosworth DFZ V8 | BRA Ret |
SMR 11 |
MON Ret |
MEX 11 |
CAN 13 |
DET Ret |
FRA NC |
GBR Ret |
ALE NSC |
HUN 10 |
BEL NSC |
ITA Ret |
POR 8 |
ESP 12 |
XPN 15 |
AUS Ret |
NC | 0 |
1989 | Lois Minardi Team | Minardi M188B | Cosworth DFR V8 | BRA Ret |
SMR Ret |
MON Ret |
28º | 1 | |||||||||||||
Minardi M189 | MEX NSC |
USA Ret |
CAN Ret |
FRA NSC |
GBR 6 |
ALE NSC |
HUN Ret |
BEL 15 |
ITA 8 |
POR 12 |
ESP Ret |
XPN Ret |
AUS NSC |