Luis Pérez-Sala

Modelo:BiografíaLuis Pérez-Sala
Biografía
Nacemento(ca) Lluís Pérez-Sala i Valls-Taberner Editar o valor en Wikidata
15 de maio de 1959 Editar o valor en Wikidata (65 anos)
Barcelona, España Editar o valor en Wikidata
Actividade
Ocupaciónpiloto de automobilismo, piloto de Fórmula Un Editar o valor en Wikidata
EmpregadorHispania Racing F1 Team, director de escola (2011–2013) Editar o valor en Wikidata
Deporteautomobilismo
Fórmula 1 Editar o valor en Wikidata
Traxectoria
  Equipo Vehículo empregado
1988-1989Minardi Editar o valor en Wikidata
Participou en
2003, 2004Spanish GT Championship (en) TraducirGrupo GT3 (pt) Traducir (1º)
1991, 1993Campeonato de España de Turismos (en) Traducir (1º)
1980Copa Nacional Renault (en) Traducir (1º) Editar o valor en Wikidata
Familia
ParentesDaniel Juncadella, sobriño
Xavier Juncadella Salisachs, cuñado Editar o valor en Wikidata

Luis Pérez-Sala Valls-Taberner, nado en Barcelona o 15 de maio de 1959, é un expiloto catalán de carreiras que competiu en Fórmula 1, Fórmula 3, Fórmula 3000 e Touring Cars. Tamén foi o director do equipo de HRT F1 Team durante a tempada 2012 de Fórmula Un.

Traxectoria

[editar | editar a fonte]

Pérez-Sala disputou o Campionato italiano de Fórmula 3 de 1985 e trasladouse a Fórmula 3000 para competir de xeito bastante máis convincente, gañando carreiras en Birmingham e Enna en 1986. Foi segundo por detrás de Stefano Modena no campionato de F3000 de 1987. Fíxose famoso polas súas discusións con Alfonso de Vinuesa, causadas por opinións políticas.

O equipo Minardi de Fórmula Un contratou a Pérez-Sala para a tempada 1988. Fixo o seu debut o 3 de abril de 1988, na carreira inaugural da tempada en Brasil, onde cualificou 20º, pero non puido terminar a carreira cando o seu alerón traseiro colapsou. Durante as seguintes cinco roldas, superou continuamente a seu compañeiro de equipo e compatriota Adrián Campos, que foi substituído por Pierluigi Martini a partir da sexta rolda do Campionato en Detroit.

Martini e Pérez-Sala foron compañeiros, en 1988 e 1989, con Martini, cualificando e superando a Pérez-Sala. O único punto de Pérez-Sala veu dun sexto lugar no Gran Premio do Reino Unido de 1989. Xunto cos dous puntos que anotou Martini terminando quinto, a parella obtivo os puntos suficientes para manter a Minardi fora da precualificación para o resto da tempada. Ao final da tempada 1989, tras non cualificarse para a última carreira da tempada, o Gran Premio de Australia (mentres que Martini cualificou terceiro só por detrás dos McLaren - Honda de Ayrton Senna e Alain Prost), deixou a Fórmula Un logo de iniciar 26 dos 32 Grandes Premios nos que participou. Logo da súa retirada da Fórmula Un, Pérez-Sala converteuse nun habitual no campionato de España de turismos.

En xullo de 2011, foi recrutado como consultor do equipo Hispania de F1, que foi fundado polo seu ex compañeiro no equipo Minardi Adrián Campos.[1] O 15 de decembro de 2011, anunciouse que se convertería no director do equipo HRT, en substitución de Colin Kolles.[2][3]

Rexistro de carreiras

[editar | editar a fonte]

Resultados completos na Fórmula 3000

[editar | editar a fonte]

(key) (Carreiras en letra grosa indican pole position; carreiras en italica indican volta rápida.)

Ano Equipo 1 2 3 4 5 6 7 8 9 10 11 DC Puntos
1986 Pavesi Racing SIL
12
VAL
Ret
PAU
5
SPA
4
IMO
5
MUG
DSC
PER
1
ZEL
5
BIR
1
BUG
5
JAR
7
5th 24.5
1987 Lola Motorsport SIL
Ret
VAL
2
SPA
18
PAU
Ret
DON
1
PER
Ret
BRH
9
BIR
4
IMO
3
BUG
1
JAR
5
33

Resultado completos na Fórmula Un

[editar | editar a fonte]

(Chave) As carreiras en letra grosa indican pole position; as carreiras en cursiva indican volta rápida.

Ano Equipo Chasis Motor 1 2 3 4 5 6 7 8 9 10 11 12 13 14 15 16 Pos. Puntos
1988 Lois Minardi Team Minardi M188 Cosworth DFZ V8 BRA
Ret
SMR
11
MON
Ret
MEX
11
CAN
13
DET
Ret
FRA
NC
GBR
Ret
ALE
NSC
HUN
10
BEL
NSC
ITA
Ret
POR
8
ESP
12
XPN
15
AUS
Ret
NC 0
1989 Lois Minardi Team Minardi M188B Cosworth DFR V8 BRA
Ret
SMR
Ret
MON
Ret
28º 1
Minardi M189 MEX
NSC
USA
Ret
CAN
Ret
FRA
NSC
GBR
6
ALE
NSC
HUN
Ret
BEL
15
ITA
8
POR
12
ESP
Ret
XPN
Ret
AUS
NSC
  1. Mills, Peter (2011-07-21). "Former GP driver Luis Perez Sala joins HRT as advisor". autosport.com. Haymarket Publications. Consultado o 2011-08-03. 
  2. "Luis Pérez-Sala, appointed as new Team Principal of HRT F1 Team". hispaniaracing.com (HRT F1). 15 December 2011. Consultado o 15 December 2011. 
  3. "Luis Perez-Sala appointed HRT team principal". BBC Sport (BBC). 15 December 2011. Consultado o 15 December 2011. 

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas

[editar | editar a fonte]