Lungs | |||||
---|---|---|---|---|---|
EP de Big Black | |||||
Data de edición: | decembro de 1982 | ||||
Lanzamento: | {{{lanzamento}}} | ||||
Datas de gravación: | 1981 | ||||
Estudio(s) de gravación: | |||||
Duración: | 20:47 | ||||
Xénero musical: | punk rock, noise rock | ||||
Selo discográfico: | Ruthless Records, Touch and Go Records | ||||
Producido por: | |||||
Cronoloxía | |||||
|
Lungs é o primeiro EP da banda estadounidense de post-hardcore Big Black, publicado en decembro de 1982 a través do selo Ruthless Records. O disco sería reeditado en 1992 a través de Touch and Go Records. Un Steve Albini con 19 anos tocou case todos os instrumentos en Lungs, con saxos gravados polo amigo de Albini John Bohnen e baterías feitas por "Roland," unha caixa de ritmos Roland TR-606 que foi acreditada como membro da banda. O EP foi usado para recrutar ao resto dos membros de Big Black. Lungs foi gravado nun magnetófono de bobina aberta TEAC 3340 que lle prestaron a Albini a cambio dunha caixa de cervexas.[1]
Algunhas copias do EP orixinal viña con varios obxectos, como pistolas de auga cargadas, pelo, anacos de papel con sangue, billetes de dólar, condóns, entradas de concertos de PIL, cromos de Bruce Lee, fotos de xente morta e petardos.[2]
Tódolos temas escritos e compostos por Steve Albini.
N.º | Título | Duración |
---|---|---|
1. | "Steelworker" | 4:15 |
2. | "Live in a Hole" | 3:01 |
3. | "Dead Billy" | 3:28 |
4. | "I Can Be Killed" | 4:28 |
5. | "Crack" | 3:55 |
6. | "RIP" | 2:21 |