Retrato de Léon Olphe-Galliard | |
Biografía | |
---|---|
Nacemento | (fr) Victor Aimé Léon Olphe-Galliard 27 de outubro de 1825 Lión |
Morte | 2 de febreiro de 1893 Hendaye |
País de nacionalidade | francesa |
Educación | Collège Royal de Lión |
Actividade | |
Campo de traballo | Ornitoloxía |
Ocupación | zoólogo, taxidermista |
Familia | |
Familia | Q3065398 |
Fillos | Alexandre Olphe-Galliard, Gabriel Olphe-Galliard |
Pai | Alexandre Olphe-Galliard |
Léon Olphe-Galliard nado en Lión o 27 de outubro de 1825 e finado en Hendaye o 2 de febreiro de 1893, foi un zoólogo francés especializado en ornitoloxía.[1][2][3][4]
Descendente dunha antiga familia de notábeis da rexión de Gap, era fillo dun comerciante de teas de Lión. Desde a súa adolescencia comezou a rreunir unha colección de aves, iniciándose na ornitoloxía con científicos amigos da súa familia. Puxo os primeiros elementos do Museo de Historia Natural da mansión de Moncorin, na comuna de Irigny.
Estudou con profesores privados e despois no Royal College de Lión. Nos seus estudos na universidade, mostrou notábeis habilidades para o estudo dos idiomas modernos, resultándolle familiares o inglés, o alemán e o castelán. Ademais traduciu do ruso, do islandés e da maioría dos idiomas do norte de Europa. Prestoulle especial atención á física e é botánica, descoidando outras materias que consideraba inferiores. En 1844, aos 19 anos, coñeceu ao entomólogo Etienne Mulsant. Xuntos, viaxaron ao sur e estableceron relaciónes científicas duradeiras co abade Caire. Desde 1846 foi membro da Sociedade Linneana de Londres.
En 1847 remata o bacharelato, e propoñíase estudar medicina, pero a Revolución Francesa de 1848 fíxolle renunciar ao seu proxecto. A súa famillia refúxiase en Suíza, en Xenebra, no château de Plonjon do Parc des Eaux-Vives, con outras familias da burguesía e a aristocracia de Lión.
Alí dedicouse por completo á ornitoloxía e publicou os seus primeiros ensaios na revista Naumannia, un catálogo de aves do Ródano no que describiu a especie Phoenicurus moussieri, da familia dos muscicápidos, a subfamilia dos Gallinagininae da familia dos escolopácidos, e no Journal für Ornithologie de Jean Cabanis.
En 1856 participou no Décimo Congreso da Sociedade Alemá de Ornitoloxía, coa cal mantivo correspondencias científicas. Olphe-Galliard encontrouse co famoso zoólogo francés, o príncipe Charles Lucien Bonaparte, co ornitólogo danés Kjarboling e con moitos ornitólogos alemáns: o pastor Heinrich Zander, o profesor Johann Heinrich Blasius, o pastor Christian Ludwig Brehm e o profesor Johann Friedrich Naumann. Despois dese congreso realizou unha extensa bibliografía ornitolóxica completada en 1865.
Foi membro desde 1862 da Sociedad Helvética de Ciencias Naturais (hoxe Academia Suíza de Ciencias Naturais). En 1864, de volta a Lión, perdeu ao seu pai e casou con Marguerite-Sophie Hedde, filla de Isidoro Hedde, delegado do goberno francés na China.
En 1870 deixou a cidade novamente e estabeleceuse en Bulle (Suíza). Logo regresou a Francia, en 1876, viviu durante un tempo preto de Angulema e despois instalouse permanentemente, desde 1880, en Hendaye, onde construíu a vila "Les Mouettes", debido á gran variedade de aves que alí se encontran. Foi aí onde morreu o 2 de febreiro de 1893.
A abreviatura Olphe-Galliard emprégase para recoñecer a Léon Olphe-Galliard como autoridade na descrición e taxonomía en zooloxía.