Este artigo precisa de máis fontes ou referencias que aparezan nunha publicación acreditada que poidan verificar o seu contido, como libros ou outras publicacións especializadas no tema. Por favor, axude mellorando este artigo. |
Para interpretar os diferentes temas do anime os responsábeis da serie levan contratando dende os seus inicios a diferentes grupos de pop xaponés moi aclamados no seu país. Estes son os temas na súa versión galega[1] e os capítulos nos que soan:
"Crea un soño e rumbo a el
traza o teu ronsel
á procura do tesouro
que hai por descubrir
..."
"Des que lembro, no futuro eu crin
tanto me ten se hai xente que se burla de min
esa luz que che sae da paixón
atrápame coma un imán ó teu carón
..."
"Mil veces mil, no meu maxín,
sendo eu pequena pintaba,
de verde anil, só para min,
o mapa que soñaba.
..."
"Teño o corazón a rebordar de sentimentos,
sóñote da man sen te soltar por un instante,
se me vas buscar, búscame nun lugar distante,
que eu voume deixar levar por ondas e por ventos.
..."
"Sempre estou ó pé de ti,
ahh, sinto no aire,
a canción, leve vén,
para abrazarnos co seu son.
O mar todo xa levou, do castelo teu,
só area quedou.
..."
"O mundo é tan inmenso, que se un tesouro esconde,
buscar sen saber onde, conduce ó fracaso.
Guiarse polo acaso, é un grave contrasenso,
carece de sentido, confiar en descubrilo por azar.
Velaí.
..."
"Incluso este lugar, que non dorme xamais,
logrou prender no sono e dorme xa.
Da noite para a mañá, presíntoo hai algo que,
está a mudar aquí ó meu redor.
..."
"Canto máis tento evitar o peso,
deixalo atrás, perdelo.
Máis preto das estrelas estou.
Das aventuras que de neno soñei.
E cáeme da palma da man,
a area que na praia apañei.
..."