![]() ![]() | |||||||||||||||||
Biografía | |||||||||||||||||
---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|
Nacemento | 30 de xullo de 1943 ![]() Rennebu, Noruega (pt) ![]() ![]() | ||||||||||||||||
Altura | 177 cm ![]() | ||||||||||||||||
Peso | 76 kg ![]() | ||||||||||||||||
Actividade | |||||||||||||||||
Ocupación | esquiador de fondo ![]() | ||||||||||||||||
Deporte | Esquí de fondo ![]() | ||||||||||||||||
| |||||||||||||||||
Participou en | |||||||||||||||||
febreiro de 1976 | Xogos Olímpicos de Inverno de 1976 | ||||||||||||||||
1974 | FIS Nordic World Ski Championships 1974 (en) ![]() | ||||||||||||||||
febreiro de 1972 | Xogos Olímpicos de Inverno de 1972 ![]() |
||||||||||||||||
Premios | |||||||||||||||||
| |||||||||||||||||
![]() ![]() |
Magne Myrmo, nado o 30 de xullo de 1943 en Rennebu, é un antigo esquiador de fondo noruegués.
Myrno gañou o Festival de Esquí de Holmenkollen dúas veces en 15 km (1970 e 1972) e unha vez en 50 km (1974), recibiu a medalla Holmenkollen en 1972, compartida con Rauno Miettinen. Nas Olimpiadas de Inverno de 1972 levou unha medalla de prata nos 50 km.
Entre 1973 e 1974 produciuse unha revolución no equipamento do esquí de fondo ó quedar substituídos os esquís de madeira pola fibra de vidro pero o equipo noruegués competiu nos Campionatos de Esquí Nórdico de 1974 en Falun cos tradicionais esquís de madeira, aínda así Myrmo conseguiu a medalla de ouro en 15 km ó superar por menos dun segundo ó alemán oriental Gerhard Grimmer que competía cos novos esquís de fibra de vidro, Myrmo foi o último campión do mundo en usar esquís de madeira. Neses campionatos tamén conseguiu a medalla de bronce en relevos 4x10 km.