Magnolia de Soulange | |||||||||||||||||||||||
---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|
Clasificación científica | |||||||||||||||||||||||
| |||||||||||||||||||||||
Nome binomial | |||||||||||||||||||||||
''Magnolia × soulangeana'' Soul.-Bod., 1826 |
A magnolia de Soulange (Magnolia × soulangeana), tamén chamada magnolia chinesa, é unha especie híbrida da familia das magnolias de folla caediza. É común na xardinaxe galega.
Obtida por cruzamento entre M. denudata e M. lilifolia, é unha árbore de até 6 m de altura ou un arbusto que pode acadar os 5 m de altura, as súas follas caedizas son elípticas e largas con nervadura mediana. De floración temperá, as súas grandes flores abrancazadas posúen tons de cor rosado máis intenso cara a base, aparecen antes que as follas polo que corren o risco de se xear en climas fríos.
Este híbrido, que se obtivo por vez primeira en Francia, leva o nome do cabaleiro que o cultivou, Soulange-Bodin. Existen algunhas variedades del frecuentemente utilizadas en xardinaxe. De entre elas cómpre salientar Alba (ou alba superba), con flores dun branco puro. Alexandrina, con flores precoces, abrancazadas e rosadas na base. Lennei, con flores profundamente carmesís ou rosadas e brancas no interior. Norbertiana, con grandes flores brancas e unha rechamangueira follaxe púrpura. Rubra, flores rosado-avermelladas. Speciosa, de flores brancas interiormente e rosado-purpúreas no exterior, é de floración máis serodia ca o resto de variedades da especie e de flores máis miúdas e duradeiras.
Magnolia soulangeana foi descrito por Étienne Soulange-Bodin Soulaire e publicado en Mémoires de la Société Linnéenne de Paris, précédés de son histoire 1826: 269. 1827.[1]
Magnolia: nome xenérico outorgado en honra de Pierre Magnol, botanista de Montpellier (Francia).
soulangeana: epíteto outorgado en honra do cabaleiro que cultivou a variedade, Soulange-Bodin.
Wikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Magnolia de Soulange |
Wikispecies posúe unha páxina sobre: Magnolia de Soulange |