(2018) | |
Biografía | |
---|---|
Nacemento | século XX París, Francia |
Actividade | |
Ocupación | actriz, directora de cinema |
Período de actividade | 1991 - |
Maimouna N'Diaye, nada en París, é unha actriz franco-guineana principalmente coñecida pola súa participación no filme L'oeil du cyclone (2015).
Naceu en París dun pai senegalés e dunha nai nixeriana.[1] Medrou en Guinea e volveu a Francia con 18 anos. En 1995 formou parte do grupo de teatro Ymako Teatri en Costa do Marfil.[2]
Como humorista, participou en obras de teatro e no cinema no Senegal, en Guinea e en Burkina Faso. Destaca a súa participación no filme La Chasse aux papillons, de Otar Iosseliani (1992), en L'oeil du cyclone, de Sékou Traoré (2014) e en Kirikou et la Sorcière, de Michel Ocelot (1998)[1].
Como realizadora, participou en varios documentais sobre África, como Warbassaga (1998), Balan (2004), Recréatales (2003), Amando (2003), Pauline (l'amour en action) (2009), Tranches de vies (2009) e Le prix du courage (2010)[3],[2].
En 2019 foi elixida como membro do xurado do Festival Internacional de Cinema de Cannes, presidido por Alejandro González Iñarritu[4].