Maladroit | ||||
---|---|---|---|---|
Álbum de Weezer | ||||
Publicado | 14 de maio do 2002 | |||
Gravación | decembro do 2001 | |||
Estudio(s) | Cello Studios, Os Ánxeles | |||
Duración | 33:43 | |||
Xénero(s) | rock alternativo, powerpop | |||
Selo(s) | Geffen Records | |||
Produtor | Weezer con Chad Bamford e Rod Cervera | |||
Cronoloxía | ||||
| ||||
Na rede | ||||
[ editar datos en Wikidata ] | ||||
Maladroit é o cuarto álbum de estudio da banda estadounidense de rock alternativo Weezer, editado o 14 de maio do 2002 a través do selo Geffen Records. É o primeiro disco da banda no que aparece o baixista Scott Shriner, despois da marcha de Mikey Welsh no 2001. Destaca a aparición de numerosos riffs de heavy metal, pouco comúns en anteriores edicións de Weezer.
En decembro do 2007 o álbum levaba vendidas 605.000 copias nos Estados Unidos, estando as primeiras 600.000 numeradas. Maladroit acadou o número 3 da lista Billboard 200.
Todos os temas compostos por Rivers Cuomo.
As versións europea e australiana do álbum conteñen "Island in the Sun", do The Green Album como canción extra. Algúns dos exemplares europeos tamén teñen a cara-b "Living Without You", que aparece entre "December" e "Island in the Sun". Na edición numerada do disco hai 7 vídeos: "The Quiet Storm", "Dope Nose (live)", "Death And Destruction (live)", "Burndt Jamb (live)", "The Cobo Challenge", "Keep Fishin' (live)" e "Take Control (live)".