Man cheng jin dai huang jin jia 满城尽带黄金甲 | |
---|---|
Ficha técnica | |
Director | Zhang Yimou |
Produtor | William Kong Zhang Weiping Zhang Yimou |
Guión | Zhang Yimou |
Baseado en | Thunderstorm de Cao Yu |
Intérpretes | Chow Yun-fat Gong Li Jay Chou Qin Junjie |
Música | Shigeru Umebayashi |
Fotografía | Zhao Xiaoding |
Estudio | Edko Film |
Distribuidora | Sony Pictures Classics |
Estrea | 21 de decembro de 2006 |
Duración | 114 minutos |
Orixe | China |
Xénero | Wuxia |
Orzamento | 45 millóns de dólares |
Recadación | 78 568 977 dólares |
Na rede | |
Man cheng jin dai huang jin jia (chinés: 满城尽带黄金甲; pinyin: Mǎn chéng jìn dài huáng jīn jiǎ) é un filme épico chinés de 2006 do xénero wuxia escrito e dirixido por Zhang Yimou. O título en mandarín foi tomado da última liña dun poema da dinastía Qi escrito polo líder rebelde Huang Chao, quen foi tamén o emperador da dinastía Qi.
Cun orzamento de 45 millóns de dólares, no momento da súa estrea foi o filme chinés máis caro da historia, superando a Wu ji de Chen Kaige.[1] Foi escollido como candidato da China para o Óscar ó mellor filme en lingua non inglesa na 79ª edición dos premios,[2] mais finalmente non foi nomeado. Porén foi nomeado na categoría de mellor deseño de vestiario. En 2007, recibiu catorce nomeamentos nos Premios do Cinema de Hong Kong, gañando os premios de mellor actriz para Gong Li, mellor dirección de arte, mellor deseño de vestiario e maquillaxe e mellor canción orixinal para "菊花台" (Chrysanthemum Terrace) por Jay Chou.[3]