Biografía | |||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|
Nacemento | (gl) Manuel Justo Román 9 de febreiro de 1996 (28 anos) Vigo, España | ||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
Altura | 1,74 m | ||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
Peso | 72 kg | ||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
Actividade | |||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
Ocupación | futbolista | ||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
Deporte | fútbol | ||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
|
Manuel Justo Román, nado en Vigo o 9 de febreiro de 1996, é un futbolista galego que xoga como dianteiro centro na Cultural Leonesa, da Primeira División RFEF.
Formouse nas categorías inferiores do Areosa, ata completar a súa etapa xuvenil. Na tempada 2015/16 asinou polo Rápido de Bouzas en Terceira División, no que xogou 33 partidos ás ordes de Xurxo Otero. No verán de 2016 seguiu a Otero ata o Arousa, da mesma categoría, no que xogou en dúas tempadas case medio centenar de partidos, anotando 10 goles.
Na tempada 2018/19, asinou polo Coruxo da Segunda División B, co que disputou 37 partidos e marcou 10 goles, sumando máis de 2700 minutos. En xullo de 2019 asinou polo Elche, da Segunda División,[1] club que o cedeu ao UCAM Murcia, do Grupo IV da Segunda División B, onde disputou 18 encontros de liga e 2 de Copa do Rei, anotando un total de 3 goles.[2]
En xaneiro de 2020, chegou a un acordo para romper a cesión co conxunto murciano e chegou en calidade de cedido ao Celta de Vigo B do Grupo IV da Segunda División B,[3] onde xogou 6 partidos nos que anotou 2 goles. Na tempada 2020/21 continuou cedido no Celta B, onde disputou 24 partidos, sendo o máximo goleador do equipo con 8 goles.[4]
En xullo de 2021 regresou ao Elche CF, xa na Primeira División, co que realizou a pretempada ás ordes de Fran Escribá.[5] O 12 de agosto de 2021, asinou co Racing de Santander da Primeira División RFEF, novamente cedido polo conxunto ilicitano.[6] No equipo cántabro disputou 35 encontros de liga, cun balance de sete goles e tres asistencias, conseguiu o ascenso a Segunda e proclamouse campión absoluto da categoría tras vencer na final de campións ao Andorra.
O 29 de xuño de 2022 o Racing Club de Ferrol da Primeira División RFEF anunciou a fichaxe do xogador para a tempada 2022/23.[7] Titular indiscutible no equipo de Cristóbal Parralo, disputou un total de 41 encontros e foi o máximo artilleiro do club con 12 dianas, contribuíndo ao regreso do Racing á categoría de prata despois de 15 anos de ausencia. Foi o segundo ascenso consecutivo do xogador, que na seguinte campaña debutou finalmente en Segunda, na primeira xornada ante o Elche.[8] Con todo, apenas contou con protagonismo durante a competición, pois Parralo non o aliñou como titular en ningún encontro de liga, sumando só un gol de penalti na derradeira xornada fronte ao Leganés.[9]
O 24 de xuño de 2024 anunciouse a súa fichaxe pola Cultural Leonesa, da Primeira RFEF.[10]
Foi convocado pola selección galega para o partido contra Panamá disputado no Estadio de Balaídos o 31 de maio de 2024, que finalizou con derrota (0–2).[11]