Nome orixinal | Manuel Lama Maroto |
---|---|
Biografía | |
Nacemento | 12 de febreiro de 2001 ![]() Madrid, España ![]() |
Altura | 1,92 m. |
Actividade | |
Ocupación | futbolista ![]() |
Deporte | fútbol ![]() |
Posición de xogo | Defensa |
Familia | |
Pai | Manolo Lama ![]() |
Manuel Lama Maroto, coñecido como Manu Lama, nado en Madrid o 12 de febreiro de 2001, é un futbolista español que xoga como defensa do Fuenlabrada, da Primeira División RFEF.
É fillo do famoso locutor deportivo Manolo Lama.[1]
Comezou a xogar ao fútbol no colexio Mirabal de Boadilla del Monte.[2] Con 10 anos realizou unha proba co Atlético de Madrid e posteriormente ingresou na escola de fútbol do club. En idade xuvenil entrou na canteira do Atlético, disputando a División de Honra Xuvenil e a Liga Xuvenil da UEFA.[2] Para a tempada 2020/21 foi cedido ao CF La Nucía, da Segunda División B, onde disputou 14 partidos, 10 deles como titular.[3] Na derradeira xornada como local no estadio Camilo Cano ante o Badalona lesionouse gravemente, ao sufrir unha fractura de peroné e dos ligamentos do nocello.[2][4]
De regreso no Atlético e despois de oito meses de baixa, reapareceu co filial na Terceira División RFEF en decembro de 2021. Disputou 20 partidos co equipo ata o final da tempada, contribuíndo ao ascenso a Segunda RFEF, e foi convocado un par de veces por Simeone para o primeiro equipo, aínda que non chegou a debutar.[2] Na seguinte campaña sufriu unha nova lesión, desta vez muscular, que o volveu afastar dos terreos de xogo durante meses.
En xaneiro de 2023, durante o mercado invernal, fichou polo Fuenlabrada, da Primeira División RFEF.[5] Chegou ao equipo aínda lesionado e non puido debutar ata abril, cando se estreou nunha derrota por 3-0 contra o Badajoz.[6]