![]() ![]() | |
Biografía | |
---|---|
Nacemento | 19 de abril de 1886 ![]() Recife, Brasil ![]() |
Morte | 13 de outubro de 1968 ![]() Río de Xaneiro, Brasil ![]() |
Causa da morte | tuberculose ![]() |
Educación | Escola Politécnica da Universidade de São Paulo (pt) ![]() Universidade de São Paulo ![]() |
Actividade | |
Ocupación | poeta, tradutor, profesor universitario, escritor, xornalista, crítico literario ![]() |
Empregador | Universidade Federal do Río de Xaneiro ![]() |
Membro de | |
Obra | |
Obras destacables
| |
Premios | |
![]() ![]() ![]() ![]() ![]() |
Manuel Carneiro de Sousa Bandeira Fillo, nado en Recife o 19 de abril de 1886 e finado no Río de Xaneiro o 13 de outubro de 1968, foi un poeta, crítico literario e de arte, profesor de literatura e tradutor brasileiro.[1]
É considerado como parte da xeración de 1922 do modernismo no Brasil. Xunto con escritores como João Cabral de Melo Neto, Gilberto Freyre, Clarice Lispector e Joaquim Cardozo, representa o mellor da produción literaria do estado de Pernambuco.
Fillo do enxeñeiro Manuel Carneiro de Sousa Bandeira e de Francelina Ribeiro de Sousa Bandeira, era neto paterno de Antônio Herculano de Sousa Bandeira, avogado, profesor da Facultade de Dereito do Arrecife e deputado xeral na 12ª lexislatura.[2] Tendo dous tíos reconhecidamente importantes, sendo un, João Carneiro de Sousa Bandeira, que foi avogado, profesor de Dereito e membro da Academia Brasileira de Letras e o outro, Antônio Herculano de Sousa Bandeira Fillo, que era o irmán máis vello de seu pai e foi avogado, procurador da coroa, autor de expresiva obra xurídica e foi tamén Presidente das Provincias da Paraíba e de Mato Grosso. O seu avó materno era Antônio José da Costa Ribeiro, avogado e político, deputado xeral na 17ª lexislatura. Costa Ribeiro era o avó citado en "Evocação do Arrecife". A súa casa na rúa da Unión é referida no poema como "a casa de meu avó".
No Río de Xaneiro, para onde viaxou coa familia, en función da profesión do pai, enxeñeiro civil do Ministerio da Viação, estudou no Colexio Pedro II (Ginásio Nacional, como o chamaron os primeiros republicanos). Foi alumno de Silva Ramos, de José Veríssimo e de João Ribeiro, e tivo como condiscípulos Álvaro Ferdinando Sousa da Silveira, Antenor Nascentes, Castro Menezes, Lopes da Costa, Artur Moses.
En 1903, terminou o curso de Humanidades, a familia mudouse para São Paulo, onde iniciou o curso de arquitectura na Escola Politécnica de São Paulo,[3] que interrompeu por causa da tuberculose (1904). Para se tratar buscou repouso en Campanha, Teresópolis e Petrópolis. Coa axuda do pai que reuniu todas os aforros da familia foi para a Suíza, onde estivo no Sanatório de Clavadel, permaneceu de xuño de 1913 a outubro de 1914, onde tivo como compañeiro de sanatório o poeta Paul Eluard. En virtude do inicio da primeira guerra mundial, volta ao Brasil.[4] Ao regresar, iniciouse na literatura, publicando o libro A Cinza das Horas, en 1917, nunha edición de 200 exemplares, custeada por el mesmo. Dous anos despois, publica o seu segundo libro, Carnaval.
En 1935, foi nomeado inspector federal do ensino. En 1936 foi publicada a Homenagem a Manuel Bandeira, colección de estudos sobre a súa obra, asinada por algúns dos maiores críticos da época, alcanzando así a consagración pública.[5].De 1938 a 1943, foi profesor de literatura no Colexio D. Pedro II. En 1940 foi elixido membro da Academia Brasileira de Letras. Posteriormente, nomeado profesor de Literaturas Hispano-Americanas na Facultade de Filosofía da Universidade do Brasil,[6] cargo do cal se xubilou en 1956.
Manuel Bandeira faleceu o día 13 de outubro de 1968, con hemorraxia gástrica, aos 82 anos de idade, no Río de Xaneiro, e foi sepultado no túmulo 15 do mausoleo da Academia Brasileira de Letras, no Cemiterio San João Batista.
Foi elixido para a Academia Brasileira de Letras, onde foi o terceiro ocupante da cadeira 24, cuxo patrono é Júlio Ribeiro. A súa elección ocorreu o 29 de agosto de 1940, sucedendo Luís Guimarães Fillo, e foi recibido polo académico Ribeiro Couto o 30 de novembro de 1940.
O estilo de Bandeira é simple e directo, aínda que non comparta da dureza de poetas como João Cabral de Melo Neto, tamén pernambucano. De feito, nunha comparación entre as obras de Bandeira e João Cabral, vese que este, ao contrario daquel, procuraba purgar da súa obra o lirismo. Bandeira foi un poeta lírico, aínda que escribise "Estou farto do lirismo comedido / Do lirismo ben comportado". A temática da súa poesía envolve o cotián e o universal, ás veces cunha abordaxe de "poema-broma", lidando con formas e inspiración que a tradición académica consideraba vulgares. Mesmo así, coñecedor da Literatura, utilizouse, en temas cotiáns, de formas colhidas nas tradicións clásicas e medievais. Na súa obra de estrea (e de curtísima tiraxe) están composicións poéticas ríxidas, sonetos en rimas ricas e métrica perfecta, na mesma liña onde, nos seus textos posteriores, encontramos composicións como o rondó e trobas.
É común encontrar poemas (como "Poética", do libro Libertinagem) que se transformaron nun manifesto da poesía moderna. No entanto, as súas orixes están na poesía parnasiana. Foi convidado a participar da Semana de Arte Moderna de 1922, aínda que non comparecese, deixou un poema seu (Os Sapos) para ser lido no evento en 1922.[7]
Unha correcta melancolía, asociada a un sentimento de angustia, permea a súa obra, en que procura unha forma de sentir a alegría de vivir. Doente dos pulmóns, Bandeira sufría de tuberculose e sabía dos riscos que corría diariamente, e a perspectiva de deixar de existir a calquera momento é unha constante na súa obra.
A imaxe de bo home, tenro e en parte amigábel que Bandeira aceptou adoptar ao final da súa vida tende a producir enganos: a súa poesía, lonxe de ser unha pequena canción tenra de melancolía, está inscrita nun drama que conxuga a súa historia persoal e o conflito estilístico vivido polos poetas da súa época. Cinza das Horas presenta a gran tese: a mágoa, a melancolía, o resentimento enmarcados polo estilo mórbido do simbolismo tardío. Carnaval, que virá pronto despois, abre co imprevisível: a evocación báquica e, nalgúns momentos, satánica do entroido, mais termina en plena melancolía. Esa dúbida entre o xúbilo e a dor articularase nas máis diversas dimensións figurativas. Se en Libertinagem, o seu cuarto libro, a felicidade aparece en poemas como "Voume para Pasárgada", onde é cuestión a evocación soñadora dun país imaxinário, o pays de cocagne, onde todo desexo, principalmente erótico, é satisfeito, non se trata senón dun algures intanxíbel, dun locus amenus espiritual. En Bandeira, o obxecto de anhelo estará sempre envolto en néboas e fóra do alcance. Lanzando man do tropo portugués da "saudade", poemas como Vou-me embora pra Pasárgada e tantos outros encontran un símile na nostálxica rememoración bandeiriana da infancia, da vida de rúa, do mundo cotián das provincianas cidades brasileiras do inicio do século. O inaprensíbel é tamén o feminino e o erótico. Dividido entre unha idealidade simpática ás unións diáfanas e platónicas e unha carnalidade voluptuosa, Manuel Bandeira é, en moitos dos seus poemas, un poeta da culpa. O pracer non se encontra alí na satisfacción do desexo, mais na excitación da algolagnia do abandono e da perda. En Ritmo Dissoluto, o seu terceiro libro, o erotismo, tan mórbido nos dous primeiros libros, tórnase anhelo maravilhado de disolución no elemento líquido marítimo, como é o caso de Na Solidão das Noites Úmidas.
Ese drama silencioso sorprende mesmo en poemas "tenros", cando inesperadamente se encontrar, como é o caso dos poemas xornalísticos de Libertinagem, comentarios mordazes e sorrateiros interrompendo a fluencia inxenua de relatos líricos, facendo revelar todo un universo de sentimentos contraditorios.
En Estrela da Manhã, Lira dos Cinquent'anos e outros libros, as experiencias da primeira fase darán lugar ao acomodamento do material lírico en formas máis brandas e ás veces mesmo ao retorno a formas tradicionais.