Manuel Contreras

Modelo:BiografíaManuel Contreras

Editar o valor en Wikidata
Biografía
Nacemento(es) Juan Manuel Guillermo Contreras Sepúlveda Editar o valor en Wikidata
4 de maio de 1929 Editar o valor en Wikidata
Santiago de Chile Editar o valor en Wikidata
Morte7 de agosto de 2015 Editar o valor en Wikidata (86 anos)
Santiago de Chile Editar o valor en Wikidata
Causa da mortesíndrome de disfunción multiorgánica Editar o valor en Wikidata
Outros nomesMamo Contreras Editar o valor en Wikidata
EducaciónEscola das Américas - posgrao (1967–1968)
Army War College (en) Traducir - atividade de Inteligência (pt) Traducir (1960–1962)
Escola Militar do Libertador Bernardo O'Higgins (pt) Traducir (1944–1947) Editar o valor en Wikidata
Actividade
Ocupaciónoficial, político Editar o valor en Wikidata
ProfesoresAugusto Pinochet Editar o valor en Wikidata
Carreira militar
Rama militarExército de Chile Editar o valor en Wikidata
Rango militarXeneral Editar o valor en Wikidata
ConflitoOperación Cóndor Editar o valor en Wikidata
Outro
Condenado porCrime de lesa humanidade Editar o valor en Wikidata
Cronoloxía
21 de setembro de 1976Letelier assassination (en) Traducir Editar o valor en Wikidata
Manuel Contreras: Xefe da DINA

Juan Manuel Guillermo Contreras Sepúlveda, coñecido como El Mamo Contreras, nado o 4 de maio de 1929 e finado o 7 de agosto de 2015, foi un ex-militar chileno, convicto, cabeza da Dirección de Inteligencia Nacional (DINA), o máximo organismo de investigación do goberno de Pinochet.

Traxectoria

[editar | editar a fonte]

Apenas se instaurou na Xunta Militar de Goberno en 1973, presidida por Pinochet, este foi convocado por Pinochet para que levase a cabo o seu proxecto de formación dun organismo de intelixencia que non existía en Chile. O froito da súa xestión foi a DINA.

Considéraselle como un dos homes con máis poder, máis duros e brutais e máis próximos a Pinochet, despois do golpe de estado do 11 de setembro de 1973 que derrocou a Salvador Allende.

Moitas das reclamacións sobre dereitos humanos ao goberno de Pinochet débense ás brutais accións executadas pola DINA baixo o seu mando. Manuel Contreras sempre mostrou unha medíatica lealdade a toda proba con Pinochet, ata a súa detención nos anos 90.

Documentos distribuídos pola Agencia Central de Inteligencia (CIA) en 2000 amosan que Contreras foi unha fonte pagada pola CIA entre 1975 e 1977.

De 1973 a 1977, conduciu a DINA nunha procura nacional e internacional de opositores políticos do réxime militar, os cales na súa maioría eran membros dos partidos Comunista e Socialista chilenos e do Movimiento de Izquierda Revolucionaria (MIR).

De acordo ao comunicado da CIA, «CIA activities in Chile», distribuído o 19 de setembro de 2000, círculos do goberno dos Estados Unidos aprobaron os contactos da CIA con Contreras entre 1974 e 1977 para cumprir a misión da CIA en Chile, conxunto da súa responsabilidade en abusos de dereitos humanos que se lle impugnaron.

Creación da operación Cóndor

[editar | editar a fonte]

Polos arquivos desclasificados da CIA, sóubose que Manuel Contreras foi convidado en 1975 ao cuartel Xeral da CIA en Langley Virginia, por 15 días logo desa visita, Contreras aparece como "creador" da Operación Cóndor.

Asasinato de Letelier e Prats

[editar | editar a fonte]

As preocupacións na CIA creceron pola responsabilidade de Contreras no asasinato do ministro e embaixador en Estados Unidos durante o goberno de Allende, Orlando Letelier, e o seu asistente estadounidense Ronni Karpen Moffit o 21 de setembro de 1976. A CIA acumulou informes detallados e específicos de intelixencia sobre o papel de Contreras na orde do asasinato de Letelier, isto é en complicidade co americano Michael Townley, un mercenario experto en explosivos e accións subversivas, pero parte do material permanece clasificado e outra parte está retida polo Departamento de Xustiza dos Estados Unidos. Outro dos atentados polo que se lle acusa como autor intelectual é o de Carlos Prats en 1982.

Ruptura con Pinochet

[editar | editar a fonte]

As tensións entre Contreras e Pinochet suscitáronse por mor de presións da CIA e creceron ata que a DINA foi pechada en 1977 e substituída por un novo ente, a Central Nacional de Informaciones (CNI).

Para 1979, Contreras estaba fóra do exército logo de ser ascendido por un curto tempo como xeneral. Aínda así seguiu amosando lealdade a Pinochet. Non foi molestado ata 1993.

En 1993, unha corte chilena o condenou a sete anos de prisión polo asasinato do membro do goberno de Allende Orlando Letelier. Cumpriu a súa condena en xaneiro de 2001, logo do cal estivo baixo arresto domiciliario por manter abertas diferentes causas xudiciais na súa contra.

Nesta situación Contreras rompeu a súa lealdade a Pinochet e cominouno publicamente a recoñecer a súa participación nos feitos que se lle imputaban e a que detivese o proceso.

Condenado

[editar | editar a fonte]

En maio de 2002, condenárono como o cerebro do secuestro e desaparición do líder socialista Víctor Olea Alegría, o cargo foi secuestro permanente.

Contreras tamén foi condenado nunha corte na Arxentina pola súa conexión co asasinato do ex comandante en xefe do exército Carlos Prats e a súa muller en Buenos Aires en 1974. Con todo, unha petición de extradición á Arxentina foi negada por Chile.

O 28 de xaneiro de 2005 foi apresado pola desaparición do xastre e militante do MIR, Miguel Ángel Sandoval no ano 1975, sendo condenado a 12 anos de prisión. O cargo foi secuestro permanente. Desde entón enfrontou condenas sucesivas a prisión que suman máis de 180 anos.

O 13 de maio de 2005, Contreras remite á Corte Suprema un documento de 32 páxinas dunha lista co suposto paradoiro de 580 detidos desaparecidos durante o réxime militar, polo cal organizacións de dereitos humanos cuestionaron a información e a súa fonte, para iso argumentaron nos supostos anos de engano e negación da parte de Contreras.

Estes esgrimen que moitos dos detalles que entregou eran previamente coñecidos e contradicían os achados e evidencias das comisións encargadas de investigar os detidos desaparecidos.

O Xuíz Víctor Montiglio, que sucedeu a Juan Guzmán Tapia, aplicou a lei de amnistía a Contreras no ano 2005 logo de ser condenado pola operación Colombo.

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Bibliografía

[editar | editar a fonte]

Outros artigos

[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas

[editar | editar a fonte]