Biografía | |
---|---|
Nacemento | 14 de novembro de 1934 ![]() Cuba ![]() |
Morte | 2 de xaneiro de 1988 ![]() A Habana, Cuba ![]() |
Actividade | |
Ocupación | director de cinema, xornalista, pintor, guionista ![]() |
![]() ![]() ![]() ![]() ![]() |
Manuel Octavio Gómez, nado na Habana o 14 de novembro de 1934 e finado na mesma cidade o 2 de xaneiro de 1988, foi un director de cine e escritor cubano, de orixe galega.
Naceu na Habana, sendo fillo de galegos emigrados.[1] Combateu na guerrilla de Fidel Castro en Sierra Maestra e foi membro da sección de cine do Exército Rebelde. Tras o triunfo da Revolución Cubana fundou o Instituto Cubano da Arte e a Industria Cinematográficas (ICAIC).[2]
O seu filme de 1971 Los días del agua foi seleccionado para o 7º Festival Internacional de Cinema de Moscova, onde gañou o premio FIPRESCI.[3]
Faleceu na Habana o 2 de xaneiro de 1988, un mes antes da estrea en Santiago de Compostela do seu último filme, Galego.[4]