Marcelino Oreja Elósegui

Modelo:BiografíaMarcelino Oreja Elósegui

Editar o valor en Wikidata
Biografía
Nacemento6 de abril de 1894 Editar o valor en Wikidata
Ibarrangelu, España Editar o valor en Wikidata
Morte5 de outubro de 1934 Editar o valor en Wikidata (40 anos)
Mondragón, España Editar o valor en Wikidata
Causa da mortehomicidio Editar o valor en Wikidata
Deputado nas Cortes republicanas
30 de novembro de 1933 – 5 de novembro de 1934

Circunscrición electoral: Biscaia
Deputado nas Cortes republicanas
3 de xullo de 1931 – 9 de outubro de 1933

Circunscrición electoral: Biscaia
Editar o valor en Wikidata
Actividade
Lugar de traballo Madrid Editar o valor en Wikidata
Ocupaciónpolítico, enxeñeiro, empresario, enxeñeiro de camiños Editar o valor en Wikidata
Partido políticoComunión Tradicionalista
Partido Católico Tradicionalista Editar o valor en Wikidata
Membro de
Familia
CónxuxePurificación Aguirre Isasi Editar o valor en Wikidata
FillosMarcelino Oreja Aguirre Editar o valor en Wikidata
IrmánsRicardo Oreja
Benigno Oreja Elósegui Editar o valor en Wikidata
ParentesJaime Mayor Oreja, neto
Marcelino Oreja Arburúa, neto Editar o valor en Wikidata

Marcelino Oreja Elósegui, nado en Ibarrangelu o 6 de abril de 1891 e finado en Mondragón o 5 de outubro de 1934, foi un político tradicionalista e empresario español, pai de Marcelino Oreja Aguirre e avó de Jaime Mayor Oreja.

Traxectoria

[editar | editar a fonte]

Enxeñeiro de camiños, foi xerente da Unión Cerrajera de Mondragón. Membro de Acción Católica e da Asociación Católica Nacional de Propagandistas, foi elixido deputado tradicionalista por Biscaia nas eleccións xerais de 1931, dentro da candidatura católica a prol do estatuto vasco que promovían carlistas, nacionalistas vascos e católicos independentes, integrándose na Minoría Vasco-Navarra.

Durante a Revolución de outubro de 1934, instigada en Guipúscoa por Ricardo Ceciaga foi acusado de non contratar traballadores socialistas e sindicalistas, motivo polo que foi detido e conducido á Casa do Pobo de Mondragón, sendo asasinado xunto a Dagoberto Resusta.[1]

Anos máis tarde, Celestino Uriarte, dirixente da insurrección, que fora condenado á morte en 1946 polo crime, declarou que Orella nalgunha ocasión afirmara que na súa empresa non ía traballar ningún socialista e que antes de pisar a súa fábrica terían que comer herba.[2]