Biografía | ||||||||||||||||||||||||||
---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|
Nacemento | 8 de setembro de 1972 (52 anos) Pontevedra, España | |||||||||||||||||||||||||
Actividade | ||||||||||||||||||||||||||
Ocupación | ciclista | |||||||||||||||||||||||||
Deporte | ciclismo de competición | |||||||||||||||||||||||||
| ||||||||||||||||||||||||||
Participou en | ||||||||||||||||||||||||||
2005 | UCI ProTour de 2005 (pt) (143º) | |||||||||||||||||||||||||
2004 | Q53844942 (58º) | |||||||||||||||||||||||||
2003 | 2003 UCI Road World Rankings (en) (180º) | |||||||||||||||||||||||||
2002 | 2002 UCI World Road Rankings (en) (135º) | |||||||||||||||||||||||||
2001 | 2001 UCI Road World Rankings (en) (60º) | |||||||||||||||||||||||||
1997 | Q53844932 (94º) |
Marcos Antonio Serrano Rodríguez, nado en Chapela (Redondela) o 8 de setembro de 1972, é un ciclista galego retirado.
Comezou a súa carreira profesional en 1993 no equipo Kelme, en 1999 pasou ao ONCE-Eroski e despois ao Liberty Seguros. Gañou a Volta a Galicia 1999 e a Volta a Castela e León 2001. Gañou a clásica Milán-Turín 2004. No Tour de Francia 2005 gañou a 18ª tirada.
No 2006 anunciou a súa fichaxe polo equipo de ciclismo galego Karpin Galicia, dirixido por Álvaro Pino, onde rescindiu o contrato logo de dúas tempadas en branco, en xaneiro de 2008[1]. Retirouse o 8 de febreiro de 2008[2].
A finais de 2008 foi condenado a un ano de cárcere por un delito de homicidio por imprudencia: Serrano mandara construír un muro nunha leira sen licenza, e este derrubouse e causou unha vítima mortal[3].