Biografía | |
---|---|
Nacemento | (ro) Margareta-Cecilia Herscovici 4 de xaneiro de 1926 Iași (Reino de Romanía) |
Morte | 19 de agosto de 2018 (92 anos) Charleville-Mézières (Francia) |
Actividade | |
Campo de traballo | Puppetry company (en) , theater management (en) , dirección teatral, xornalismo e pedagoxía |
Ocupación | director teatral, directora de teatro, pedagoga, puppet designer (en) , monicrequeira, xornalista |
Empregador | National School for Higher Education in Puppetry Arts (en) , directora (1987–1998) |
Premios | |
| |
Descrito pola fonte | Grande Enciclopedia Soviética 1969-1978, (sec:Никулеску Маргарита) |
Margareta Niculescu, nada en Iaşi (Romanía) o 4 de xaneiro de 1926 e finada en Charleville-Mézières (Francia) o 19 de agosto de 2018 foi unha artista, monicrequeira, profesora e directora de teatro romanesa. Dende a década de 1950 contribuíu á renovación da arte dos monicreques en Europa e no resto do mundo. Foi directora do Teatro Tandarica de Bucares. Entre 2000 e 2004 foi a presidenta da International Puppetry Association en Charleville-Mezieres e cofundou con Jacques Felix, a Escola Nacional das Artes dos Monicreques nesa cidade. En 1978 recibiu o premio Erasmus xunto con outros destacados monicrequeiros como Yves Joly, Peter Schumann e os irmáns Napoli.
Nada en Iaşi, Romanía, Niculescu descubriu un grupo de monicrequeiros e considerou a súa arte teatral e dirixida precisamente aos seus proxectos. O teatro de monicreques nesa época non estaba nin estruturado nin profesionalizado en Romanía, senón que pequenos grupos de artistas creaban as súas personaxes dende o folclore tradicional.[1]
Nese tempo o Partido Comunista Romanés tomou o poder e aboliu a monarquía, proclamando a República Popular de Romanía o 30 de decembro de 1947. O partido creou entón unha nova rede de institucións culturais controladas polo estado. Como parte do proceso, Niculescu foi convidada polo Ministerio de Cultura a axudar a levar os monicreques a un novo nivel como teatro nacional. Neste novo campo, Niculescu comezou estudos no Instituto das Artes Teatrais e Cinematográficas de Bucarest, e converteuse en directora do Teatro Tandarica da capital. Nese momento tiña vinte e tres anos e permaneceu no cargo entre 1949 e 1986.[1][2][3][4] Como directora, recibiu o premio Erasmus en 1978, recoñecida por ser "un teatro colorista e imaxinativo que tivo unha influencia fértil nos monicreques de posguerra".[5]
En 1985–1986, despois de 37 anos á fronte do Tandarica Theater, Niculescu (con Jacques Felix) fundou o Instituto Internacional de Monicreques nas Ardenas. Tres anos máis tarde, de novo con Felix, creou a Escola Nacional de Monicreques en Charleville Mezieres, da que foi directora entre 1987 e 1998.[6][7]
Niculescu faleceu o 19 de agosto de 2018 en Charleville-Mézières, aos 92 anos.[8]