Biografía | |
---|---|
Nacemento | 18 de setembro de 1921 ![]() Lisboa, Portugal ![]() |
Morte | 18 de xaneiro de 1998 ![]() Lisboa, Portugal ![]() |
Actividade | |
Ocupación | escritora ![]() |
Premios | |
Maria Judite de Carvalho nada en Lisboa o 18 de setembro de 1921 e finada no mesmo lugar o 18 de xaneiro de 1998, foi unha escritora portuguesa, considerada unha das voces femininas máis importantes da literatura portuguesa do século XX.[1]
Agustina Bessa-Luís chamoulle "a flor discreta da nosa literatura".[2]
Creceu orfa.[3] A infância non foi feliz. Obrigada a ficar sen os pais aos tres meses de idade, creceu na casa das tías paternas, nunha “amosfera escura e sombría”.[4] Dedicouse á literatura e ao xornalismo, principalmente como cronista, e traballou nos periódicos Diário de Lisboa, Diário Popular, Diário de Notícias e O Jornal.[5] Colaborou coa revista Eva durante décadas.[6]
Entre 1949 e 1955, viviu en Francia e na Bélxica. A pesar da notoria calidade e profundidade da súa obra e da súa escrita (entre o cómico e o grotesco, nun rexistro ora tráxico, ora ironicamente perverso), a autora permanece aínda desconhecida do grande público.
“ | Maria Judite de Carvalho permanece unha escritora de actualidade renovada, difícil de catalogar no estilo que xeralmente lle é asociado (herdeiro do existencialismo e do chamado "novo romance"), hábil disecadora do desespero e da soidade cotiá grande cidade.[7] | ” |
As súas obras non pretenden dar explicacións ou ser tratados morais ou comportamentais polo que a explicación é substituída pola insinuación e pola suxestión, de onde decorre a opción por unha escrita "limpa", sen excesos estilísticos, e por narrativas breves.
O 10 de xuño de 1992, foi feita Grande-Oficial da Ordem do Infante D. Henrique.[8]
Estivo casada con Urbano Tavares Rodrigues.
Herdeira do existencialismo e do nouveau roman, a súa voz é intemporal, tratando con mestría e un sentido de humor único temas fundamentais, como a soidade da vida na cidade e a angustia e o desespero espellados no seu cotián anónimo.[9]
O Silencio aparece, na súa obra, como consecuencia da incomprensión que advén do cruzamento de voces, de diálogos de xordos e de monólogos, sendo froito da soidade e do abandono tantas veces (pres)sentido polas súas personaxes, aparecendo a soidade como esencia do Humano.
Nas personaxes de Maria Judite de Carvalho proxéctase a soidade canto presenza constante da inquedanza e do desasosego, da depresión, da negatividade, da autodenegación e das ganas de se disipar, debido ao mundo de incomodidade que existe e se constrúe (visíbel, sobre todo, na personaxe Mariana do conto "Tanta Gente, Mariana").
A existencia sen historia das personaxes desta autora constitúe o escenario sobre a cal se ilustran vidas de abandonos, de angustias e dunha soidade irremediábel que atinxe brutalmente os protagonistas da maioría dos seus contos, en que a soidade aparece como irremediábel e perenne, comprometendo calquera hipótese de felicidade.
Algúns dos títulos dos contos de Maria Judite de Carvalho ilustran, case como unha bandeira, un universo ficcional traspasado polo baleiro, polo silencio, pola irreversibilidade do tempo e polo finximento: As Palavras Poupadas (1960) revelan o rexeitamento do discurso excesivo, nunha postura de rasura do superfluo; Paisagem sem Barcos (1963), Armários Vazios (1966) e o título dos contos Impressões Digitais e Vínculos Precários suxiren o baleiro que cobre as vidas e a superficialidade das accións humanas; A Janela Fingida (1975) parece querer ilustrar o proverbio "nin todo o que parece é", habendo sempre lugar para a mentira, para a omisión, isto é, para o finximento.
Maria Judite de Carvalho, sobre todo nos seus contos, ten, desde os títulos, unha tendencia para nomear as súas protagonistas, colocando os lectores inmediatamente perante personaxes concretas e distinguidas: Rosa, numa pensão à beira-mar, Anica nesse tempo, George, Tanta gente, Mariana, A avó Cândida, A menina Arminda, ou, menos directamente e mais discretamente, Uma senhora, A Mãe e A Noiva Inconsolável.
Colectánea dunha novela e sete contos publicada en 1959, valeulle á autora un recoñecemento instantáneo. En “Tanta gente, Mariana” o vaivém entre o pasado e o presente evidencia o drama existencial da protagonista e faina tomar consciencia dun tempo inalterábel e que sempre lle estivo predestinado.[10]