Maria Stuarda María Estuardo | |
---|---|
María Estuardo. | |
Forma | Ópera |
Actos e escenas | 3 actos |
Idioma orixinal do libreto | Italiano |
Libretista | Giuseppe Badari |
Fontes literarias | Baseada na traxedia de Friedrich Schiller: Maria Stuart |
Estrea | 30 de decembro de 1835 (revisión) |
Teatro da estrea | Teatro alla Scala |
Lugar da estrea | Milán |
Duración | 2 horas 30 minutos |
Música | |
Compositor | Gaetano Donizetti |
Personaxes | |
Maria Stuarda (soprano) |
Maria Stuarda, en galego, María Estuardo, é unha ópera seria en tres actos con música de Gaetano Donizetti e libreto en italiano de Giuseppe Badari. Foi estreada no Teatro alla Scala de Milán o 30 de decembro de 1835. Forma parte da chamada Triloxía Tudor (xunto con Anna Bolena e Roberto Devereux), as óperas que Donizetti compuxo en torno á figura de Isabel I de Inglaterra.
Donizetti pensara en Felice Romani para escribir o libreto, mais finalmente se negaría. O compositor contactou daquela con Giuseppe Badari, un xove avogado de 17 anos. Donizetti xa escollera a trama da ópera, sería unha obra de Friedrich Schiller, que á súa ver narra os feitos ficticios sobre a raíña María I de Escocia.
Como moitas outras óperas da época, Maria Stuarda tivo problemas coa censura. Donizetti compúxoa por encargo do Teatro San Carlo de Nápoles. Mais durante os ensaios, en 1834, recibiu a orde de trocar o texto para eliminar calquera referencia á disputa entre Isabel de Inglaterra e María Estuardo, e a execución da ópera. A corte de Nápoles era daquela a máis conservadora de Europa.
O tema está baseado nas vidas de María, Raíña de Escocia, e a súa curmá Isabel I de Inglaterra. Ao prohibir o rei a representación da ópera, Donizetti respondía sacando anacos da súa composición para empregalos nun traballo posterior, Buondelmonte. A soprano María Malibrán forzou unha estrea no Teatro alla Scala ignorando a revisión censurada, mais Milán reforzaba a prohibición. Dándose de conta da imposibilidade de continuar a súa carreira en Italia, considerou a posibilidade dunha estrea en Londres, mais a morte de Malibrán (á idade de 28 anos) en 1836 anulou o proxecto. Coa excepción dunhas cantas producións da versión Buondelmonte, a obra ficou esquecida ata 1958, cando unha produción de Bérgamo, a cidade natal de Donizetti, levaba o traballo orixinal á popularidade.
En 1866, Maria Stuarda volveu ao Teatro San Carlo, desta volta co seu libreto orixinal; a dinastía Borbón xa non reinaba na cidade.
Personaxe | Tesitura | Elenco o 30 de decembro de 1835 (Director:Gaetano Donizetti) |
---|---|---|
Maria Stuarda (raíña de Escocia) | soprano | María Malibrán |
Elisabetta (raíña de Inglaterra) | soprano | Giacinta Puzzi Toso |
Anna Kennedy (doncela de Maria) | mezzosoprano | Teresa Moja |
Robert Dudley (Conde de Leicester) | tenor | Domenico Reina |
William Cecil (tesoureiro de Isabel) | barítono | Pietro Novelli |
Giorgio Talbot (conselleiro de Isabel) | baixo | Ignazio Marini |
A Galipedia ten un portal sobre: Ópera |