(2015) | |
Biografía | |
---|---|
Nacemento | 2 de xuño de 1965 (59 anos) Beasain, España |
9º Deputado Xeral de Guipúscoa | |
23 de xuño de 2015 – 29 de xuño de 2023 ← Martin Garitano – Eider Mendoza → | |
7º Deputado Xeral de Guipúscoa | |
6 de xullo de 2007 – 23 de xuño de 2011 ← Joxe Joan González de Txabarri – Martin Garitano → | |
Deputado das Xuntas Xerais de Guipúscoa | |
22 de xuño de 2007 – 4 de abril de 2023 Circunscrición electoral: Oria | |
Afiliado Euzkadi Buru Batzar | |
2000 – 2007 | |
Afiliado Q104699575 | |
1996 – 2000 | |
Datos persoais | |
Relixión | Catolicismo |
Educación | Universidade do País Vasco - filosofía |
Actividade | |
Ocupación | político, filósofo |
Partido político | Euzko Alderdi Jeltzalea - Partido Nacionalista Vasco |
Membro de | Euzko Gaztedi Indarra (1980–) |
Markel Olano Arrese, nado en Beasain, Guipúscoa o 2 de xuño de 1965, é un político vasco, membro do Partido Nacionalista Vasco e Deputado Xeral da Deputación Foral de Guipúscoa dende o 23 de xuño de 2015, e anteriormente, dende o 6 de xullo de 2007 até o 23 de xuño de 2011.
Olano iniciouse en 1980 con quince anos na política cando se fixo membro da organización xuvenil Euzko Gaztedi Indarra do Partido Nacionalista Vasco. Os seus anos de militancia en EGI desenvolveunos de forma interna nas estruturas de EGI de Beasain e do Goierri. Mentres compaxinaba a súa militancia en EGI, cursou estudos e licenciouse en Filosofía pola Universidade do País Vasco. Completou o seu percorrido con estudos de doutoramento na mesma materia.