Marmaduke Duke | |
---|---|
Orixe | Ayrshire, Escocia |
Período | 2003 - presente |
Xénero(s) | rock alternativo, indie pop, rock experimental, post-hardcore, rock acústico, dance-pop, funk |
Selo(s) discográfico(s) | Captains of Industry, 14th Floor |
Membros | JP Reid Simon Neil |
Na rede | |
themarmadukeduke.com | |
Marmaduke Duke é un dúo de rock conceptual escocés procedente de Ayrshire e formado por Simon Neil de Biffy Clyro e JP Reid de Sucioperro. No grupo a parella utiliza os seudónimos The Atmosphere e The Dragon respectivamente. Segundo Neil, a banda, e os seus álbums, están "baseados nunha triloxía de manuscritos inéditos que un amigo noso trouxo a este país hai uns anos. Realmente estamos traballando para facer a banda sonora desas historias".[1]
Ata a data a banda publicou dous álbums de estudio, conseguindo o segundo, Duke Pandemonium, éxito comercial no Reino Unido. O disco chegou ao número 14 da lista británica de álbums.[2]
Álbum | Ano | Selo |
---|---|---|
The Magnificent Duke | 2005 | Captains of Industry |
Duke Pandemonium | 2009 | 14th Floor Records |