(2013) | |||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
Biografía | |||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|
Nacemento | 4 de decembro de 1986 (38 anos) Edmonds, Estados Unidos de América (pt) | ||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
Educación | Seattle Preparatory School (en) | ||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
Altura | 201 cm | ||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
Peso | 104 kg | ||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
Actividade | |||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
Ocupación | baloncestista | ||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
Período de actividade | 2005 - 2015 | ||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
Deporte | baloncesto | ||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
Liga | NBA G League e National Basketball Association | ||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
Posición de xogo | Ala e Escolta | ||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
Número deportivo | 8 | ||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
Convocado por | Portland Trail Blazers | ||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
| |||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
Martell Webster, nado o 4 de decembro de 1986 en Edmonds, Washington, é un xogador de baloncesto profesional estadounidense. Webster é o curmán de Jason Terry, escolta dos Milwaukee Bucks.
Webster foi seleccionado polos Portland Trail Blazers na 6ª posición do Draft da NBA de 2005, despois de que os Blazers traspasaran a súa terceira elección aos Utah Jazz horas antes do Draft.[1] Foi asignado aos Fort Worth Flyers da NBA Development League polos Blazers en xaneiro de 2006, e converteuse no xogador drafteado máis arriba (6ª posición) en ser asignado á D-League ata Hasheem Thabeet.[2] Máis tarde volveu aos Trail Blazers, en febreiro de 2006. Acadou a súa mellor marca da tempada con 26 puntos o 5 de xaneiro de 2008 na vitoria contra os Utah Jazz, con 24 deles anotados no terceiro cuarto.[3] En outubro de 2008, Webster asinou unha extensión de contrato de 4 anos, por valor de 20 millóns de dólares.[4]
O 20 de febreiro de 2009, o preparador dos Blazers, Jay Jensen, anunciou que Webster íase perder o resto da tempada 2008-09 debido a unha lesión no pé esquerdo.[5]
O 23 de xaneiro de 2010, anotou 28 puntos, o máximo da súa carreira, na vitoria contra os Detroit Pistons, igualando ademais o seu maior número de triplas nun partido, con 6 lanzamentos de tres conseguidos.[6][7] Webster foi traspasado o 24 de xuño de 2010 aos Minnesota Timberwolves a cambio de Ryan Gomes e os dereitos de Luke Babbitt.[8]
O 13 de xullo de 2012, Webster foi cortado polos Timberwolves. O 29 de agosto de 2012, asinou cos Washington Wizards.[9]