Biografía | |
---|---|
Nacemento | 10 de novembro de 1845 Tikopis, Rusia (en) |
Morte | 19 de outubro de 1926 (80 anos) Olukonda, Namibia (pt) |
Relixión | Luteranismo |
Actividade | |
Lugar de traballo | Olukonda (pt) |
Ocupación | tradutor, sacerdote, tradutor da Biblia, misioneiro |
Período de actividade | 1889 - |
Premios | |
Martti Rautanen, nado o 10 de novembro de 1845 en Tikopis, Ingria (no presente parte de Rusia) e finado o 19 de outubro de 1926 en Olukonda, Namibia, foi un pastor luterano finlandés coñecido tamén polo alcume de Nakambale ("home do chapeu").
Rautanen foi misioneiro no que hoxe é Namibia, tras formarse en Helsinqui na Misión Evanxélica Luterana Finlandesa. Pasou unha temporada en Cidade do Cabo, onde chegou en 1868. Estableceu a súa misión en 1870 en Elim entre os ovambos, aínda que despois de dous anos tivo que marchar por orde do rei Nuuyoma. Pasou por diferentes lugares ata establecerse en 1880 en Olukonda, onde pasaría o resto da súa vida.
Traduciu o Novo Testamento (1908) e parte do Antigo Testamento ao ndonga e foi o impulsor do xornal da misión de Olukonda, Osondaha, que apareceu tamén en ndonga dende 1901.