María Galiana

Modelo:BiografíaMaría Galiana

Editar o valor en Wikidata
Biografía
Nacemento31 de maio de 1935 Editar o valor en Wikidata (89 anos)
Sevilla, España Editar o valor en Wikidata
Actividade
Campo de traballoTelevisión, teatro e filme Editar o valor en Wikidata
Ocupaciónactriz, mestra, profesora de ensino secundario Editar o valor en Wikidata
Premios

IMDB: nm0302061 Allocine: 31898 Allmovie: p200051 BNE: XX1514095 Editar o valor en Wikidata

María Galiana Medina, nada en Sevilla o 31 de maio de 1935, é unha actriz española moi coñecida do teatro andaluz e o cine español. Antes do seu salto á actuación foi profesora nun instituto.

Traxectoria

[editar | editar a fonte]

Licenciada en Filosofía e Letras, e en Historia, Galiana exerceu como profesora de Historia e Historia da Arte nos institutos públicos IES Bellavista e IES Ramón Carande (anteriormente chamado Almirante Topete) de Sevilla ata a súa xubilación no ano 2000. Ese mesmo ano gañou o Goya á mellor actriz secundaria, polo seu único papel protagonista que tivo: Solas, un drama sobre a soidade, a pobreza e os soños afogados, con Galiana no papel de nai e esposa sufridora.

Traballou, como actriz, baixo as ordes de José Luis García Sánchez, Fernando Trueba, Jaime de Armiñán, José Luis Cuerda ou Vicente Aranda.

É popularmente coñecida polo seu papel da avóa Herminia en Cuéntame cómo pasó (2001-2023), serie que narra as vivencias dunha familia de clase media, os Alcántara, durante os últimos anos do franquismo e os comezos da Transición Española.

Ademais, tamén foi protagonista de La Mari (2003 e 2010), unha serie emitida en TV3 e Canal Sur na que aparecen Ana Fernández, Ramón Madaula e Carlos Hipólito e que trata sobre unha emigrante andaluza residente na Barcelona dos 60, 70 e principios da década de 1980.

Na cidade andaluza de Dos Hermanas (Sevilla) hai un instituto público co seu nome.

Filmografía

[editar | editar a fonte]

Televisión

[editar | editar a fonte]