(2019) | |
Biografía | |
---|---|
Nacemento | 21 de marzo de 1967 (57 anos) Tomiño, España |
Educación | Universidade Complutense de Madrid |
Actividade | |
Ocupación | xornalista, presentadora de televisión |
Familia | |
Cónxuxe | Manuel Campo Vidal |
Pai | José Luis Fernández Lorenzo |
María Fernández Rey, coñecida como María Rey, nada en Vigo o 21 de marzo de 1967,[1] é unha xornalista e presentadora de televisión galega.
Filla do veterinario e político José Luis Fernández Lorenzo, aos tres anos trasladouse coa familia a Tomiño. Licenciada en Ciencias da Información pola Universidade Complutense de Madrid comezou a traballar na emisora de Vigo da Cadena SER. Logo pasou a TVE onde dirixiu os servizos informativos do centro territorial de Madrid. Logo incorporouse ao departamento de televisión da Agencia Efe e en 1992 regresou a Antena 3 para presentar o informativo da fin de semana canda Roberto Arce e a edición diaria, con Pedro Piqueras.
En 1996 pasou a Antena 3, onde se fixo cargo da información parlamentaria. Paralelamente preside a Asociación de Periodistas Parlamentarios dende ese mesmo ano. A partir de 2012 comezou a colaborar coa edición española do Huffington Post.
Está casada desde 1998 co xornalista Manuel Campo Vidal.[2] É filla de quen chegou a ser alcalde de Tomiño José Luis Fernández Lorenzo durante máis de dúas décadas.