Biografía | |
---|---|
Nacemento | 25 de xaneiro de 1948 Buenos Aires, Arxentina |
Morte | 27 de decembro de 2023 (75 anos) Buenos Aires, Arxentina |
Causa da morte | cancro |
Educación | Universidade de Buenos Aires |
Actividade | |
Ocupación | escritora, profesora universitaria, directora de cinema, xornalista, consultora |
Empregador | LRA Radio Nacional (en) , directora (2009–2015) Universidade Columbia Diario Clarín Comisión Interamericana de Dereitos Humanos Universidade de San Andrés (pt) Noticias (en) El Periodista de Buenos Aires (en) |
Premios | |
| |
María Seoane, nada en Buenos Aires o 25 de xaneiro de 1948 e finado na mesma cidade o 27 de decembro de 2023, foi unha xornalista e escritora arxentina.
Traballou como redactora de política nacional da revista El Periodista de Buenos Aires (1985-1989) e do Diario Sur entre 1989 e 1990. A partir de 1994 foi prosecretaria de redacción de política nacional do diario Clarín. Entre 1992-1994 foi redactora xefe da Sección Arxentina da revista Noticias. Desde 1998 dirixiu o suplemento Zona do diario Clarín. Tamén ten publicado colaboracións na revista Di de México, os diarios Uno más uno e El Universal de México e a revista Nova Sociedade de Turín (Italia).
Foi docente no mestrado de Xornalismo da cátedra de Investigación Xornalística da Universidade de San Andrés (Bos Aires), e a Universidade Columbia (Estados Unidos).
Foi consultora da OEA elaborando os informes sobre liberdade de expresión para a Comisión Interamericana de Dereitos Humanos (CIDH).
Ten publicado varios libros sobre temas políticos da historia arxentina.
Obtivo numerosos premios entre os que poden mencionarse o Premio Konex (1994), o Premio Internacional de Prensa Rei de España (1998), o premio Cortázar da Cámara Arxentina do Libro (2000), o Premio á Traxectoria da Fundación Henry Moore (2000), o Premio Rodolfo Walsh de Xornalismo, da Facultade de Xornalismo e Comunicación da Universidade Nacional da Prata (2002).