Matilda | |
---|---|
Ficha técnica | |
Título orixinal | Roald Dahl's Matilda the Musical |
Director | Matthew Warchus |
Produtor |
|
Guión | Dennis Kelly |
Baseado en |
|
Intérpretes | |
Música | Christopher Nightingale |
Fotografía | Tat Radcliffe |
Montaxe | Melanie Ann Oliver |
Estudio |
|
Distribuidora |
|
Estrea | Londres: 5 de outubro de 2022 25 de novembro de 2022 |
Duración | 118 minutos[1] |
Orixe | Reino Unido Estados Unidos |
Xénero | Musical |
Recadación | 34,3 millóns de dólares |
Na rede | |
Matilda (en inglés: Roald Dahl's Matilda the Musical, ou simplemente Matilda the Musical) é un filme británico-estadounidense de 2022 dirixido por Matthew Warchus a partir dun guión de Dennis Kelly. Baséase na obra musical homónima de Tim Minchin e Kelly, que á súa vez está baseada na novela de 1988, Matilda de Roald Dahl. É a segunda adaptación cinematográfica da novela, logo de Matilda (1996). Está protagonizado por Alisha Weir no papel principal, xunto a Lashana Lynch, Stephen Graham, Andrea Riseborough, Sindhu Vee e Emma Thompson. No filme, Matilda Wormwood (Weir), que é descoidada e maltratada polos seus pais (Graham e Riseborough), desenvolve habilidades psicocinéticas para tratar coa Miss Trunchbull (Thompson), a desapiadada e cruel directora da escola Crunchem Hall.
Estreouse en Netflix o 25 de decembro de 2022, onde conta con opción de subtitulado en galego.[2]