Maurice Harkless

Infotaula de personaMaurice Harkless

Editar o valor en Wikidata
Biografía
Nacemento11 de maio de 1993 Editar o valor en Wikidata (31 anos)
Nova York, Estados Unidos de América Editar o valor en Wikidata
Datos persoais
País de nacionalidadeEstados Unidos de América Editar o valor en Wikidata
EducaciónSouth Kent School (en) Traducir
St. John's University (pt) Traducir Editar o valor en Wikidata
Altura206 cm Editar o valor en Wikidata
Peso220 lb Editar o valor en Wikidata
Actividade
Ocupaciónbaloncestista Editar o valor en Wikidata
Período de actividade2012 Editar o valor en Wikidata -
Nacionalidade deportivaEstados Unidos de América Editar o valor en Wikidata
Deportebaloncesto Editar o valor en Wikidata
LigaBaloncesto masculino da División I da NCAA e National Basketball Association Editar o valor en Wikidata
Posición de xogoAla Editar o valor en Wikidata
Número deportivo4 Editar o valor en Wikidata
Convocado porPhiladelphia 76ers Editar o valor en Wikidata
Traxectoria
  Equipo enllaç= enllaç=
- Orlando Magic
- Portland Trail Blazers
2011-2012 St. John's Red Storm men's basketball (en) Traducir Editar o valor en Wikidata
Participou en
16 de outubro de 2018Tempada 2018-19 da NBA Editar o valor en Wikidata

Twitter: moe_harkless Editar o valor en Wikidata

Maurice "Moe" Harkless, nado o 11 de maio de 1993 en Nova York, é un xogador de baloncesto profesional estadounidense que xoga nos Atlanta Hawks da National Basketball Association (NBA).

Traxectoria

[editar | editar a fonte]

Instituto e universidade

[editar | editar a fonte]

No seu ano coma júnior en Forest Hills, foi nomeado Xogador do Ano polo New York Daily News tras facer 16.5 puntos e 11.5 rebotes por partido. Harkless xogou no South Kent High School no seu último ano e acadou 27.2 puntos, 13.6 rebotes e 4.2 asistencias por partido.[1]

No primeiro ano de Harkless en St. John's, fixo 15.5 puntos e 8.6 rebotes por partido. Foi ademais nomeado Rookie do Ano da Big East Conference. Tras a súa tempada coma freshman, Harkless declarouse elixible para o Draft da NBA de 2012.[2]

Profesional

[editar | editar a fonte]

O 28 de xuño de 2012, Harkless foi elixido na 15ª posición do Draft da NBA de 2012 polos Philadelphia 76ers. O 10 de agosto de 2012, foi traspasado ós Orlando Magic, no traspaso que mandou a Dwight Howard ós Los Angeles Lakers.[3]

O 14 de xullo de 2015, Harkless foi traspasado ós Portland Trail Blazers a cambio dunha elección da segunda rolda do Draft de 2020.[4]

O 6 de xullo de 2019, Harkless foi traspasado ós Los Angeles Clippers como parte dun traspaso entre catro equipos.[5]

O 6 de febreiro de 2020, Harkless foi traspasado ós New York Knicks a cambio de Marcus Morris, nun traspaso entre tres equipos que tamén mandou a Jerome Robinson ós Washington Wizards a cambio de Isaiah Thomas.[6]

O 23 de novembro de 2020, Harkless asinou cos Miami Heat.[7]

O 25 de marzo de 2021, Harkless foi traspasado xunto a Chris Silva ós Sacramento Kings a cambio de Nemanja Bjelica.[8]

O 6 de xullo de 2022, Harkless foi traspasado xunto a Justin Holiday, e unha futura elección da primeira rolda do Draft ós Atlanta Hawks, a cambio de Kevin Huerter.[9]

  1. "Moe Harkless Profile". St. John's University official athletic site. Arquivado dende o orixinal o 07 de maio de 2018. Consultado o 19 de xuño de 2012. 
  2. "Moe Harkless leaving St. John's Red Storm early for NBA Draft". espn.go.com. Consultado o 19 de xuño de 2012. 
  3. "It's official: Howard dealt to Lakers in four-team trade". NBA. 2012-08-10. Arquivado dende o orixinal o 11 de agosto de 2012. Consultado o 2012-08-10. 
  4. "Trail Blazers Acquire Maurice Harkless from Orlando". NBA.com. 14 de xullo de 2015. Consultado o 14 de xullo de 2015. 
  5. "L.A. Clippers Acquire Forward Maurice Harkless". NBA.com. 6 de xullo de 2019. 
  6. "New York Knicks Acquire Harkless and Two Draft Picks". NBA.com. 6 de febreiro de 2020. Consultado o 7 de febreiro de 2020. 
  7. "Maurice Harkless Signs With HEAT". NBA.com. 23 de novembro de 2020. 
  8. "Kings Acquire Maurice Harkless And Chris Silva". NBA.com. 25 de marzo de 2021. 
  9. "Kings Acquire Kevin Huerter from Atlanta". NBA.com. 6 de xullo de 2022. Consultado o 7 de xullo de 2022. 

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas

[editar | editar a fonte]