Biografía | |
---|---|
Nacemento | 12 de xullo de 1897 ![]() 3rd arrondissement of Lyon, Francia (en) ![]() ![]() |
Morte | 22 de febreiro de 1984 ![]() Niza, Francia ![]() |
Actividade | |
Campo de traballo | Fotografía ![]() |
Ocupación | fotógrafo, fotógrafo de moda ![]() |
Período de actividade | 1918 ![]() ![]() |
Movemento | Surrealismo ![]() |
Obra | |
Arquivos en |
|
Maurice Tabard, nado en Lión o 12 de xullo de 1897 e finado en Niza o 23 de febreiro de 1984, foi un fotógrafo francés.
Comezou a estudar para músico pero non tivo éxito, con dezasete anos o seu pai matriculouno no Instituto de Fotografía de Nova York e comezou a traballar nesta cidade. Tras a morte do pai, en 1922 ensinou algúns retratos ao fotógrafo Bachrach que traballaba na Quinta Avenida e proporcionoulle acceso a unha clientela selecta. Posteriormente converteuse en fotógrafo oficial do presidente Calvin Coolidge.