![]() (2019) ![]() | |
Biografía | |
---|---|
Nacemento | 1961 ![]() Bilbao, España ![]() |
Actividade | |
Ocupación | ilustrador, paleoartist (en) ![]() ![]() |
Empregador | East Tennessee State University (en) ![]() ![]() |
Sitio web | mauricioanton.wordpress.com ![]() |
![]() ![]() ![]() ![]() ![]() |
Mauricio Antón Ortúzar, nado en Bilbao en 1961, é un ilustrador e artista paleontolóxico (paleoartista) especializado na reconstrución científica da vida do pasado. Traballa en asociación co Departamento de Paleobioloxía do Museo de Ciencias Naturais de Madrid.
Vivindo en Caracas (Venezuela) na década de 1970, quedou fascinado co esqueleto montado do tigre de dentes de sabre Smilodon fatalis que se exhibía no museo da cidade. Desde entón traballou depurando as súas técnicas para recrear a aparencia en vida dos fósiles, tendo especial interese en félidos, homínidos e outros grupos de vertebrados. Como el mesmo cita nun dos seus libros “É responsabilidade do ilustrador asegurar que as súas imaxes transmitan rigorosamente os coñecementos que a paleontoloxía solicitou sobre as especies.” (En “El Secreto de los Fósiles: Arte y Ciencia de Reconstruir a nuestros Antepasados (y Otras Criaturas)”, Santillana Ediciones, 2007).
Para a realización do seu traballo obtén información das especies actuais (un proceso coñecido como actualismo), viaxando a distintas partes do mundo, estudando persoalmente os fósiles, diseccionando espécimes de animais doados polos zoolóxicos, investigando as especies extinguidas en colaboración cos respectivos especialistas, e tomando os ecosistemas existentes como modelos de base para a reconstrución dos do pasado.
Foi consultor en paleobioloxía, biomecánica, locomoción animal e hábitats de vertebrados extinguidos para diversos medios de comunicación (BBC, National Geographic, Natural History, Discovery Channel, etc).
Beneficiouse das influencias de mestres da paleoarte como Charles R. Knight, Rudolph Zallinger, Zdenek Burian, Jay Matternes e outros, de quen recoñece os seus avances técnicos e os progresos conceptuais que acometeron.
Desde 2004 traballa en colaboración co estudo de animación “The Fly Factory” na aplicación da modelaxe e animación 3D para a reconstrución da vida do pasado.
Desde hai uns anos tamén dirixe safaris artísticos ao Norte de Botsuana co título "Drawing the big cats", compartindo de primeira man os avistamentos e a súa experiencia no estudo da anatomía e a evolución dos félidos con artistas de todas as partes do mundo.
Desde 2016 é Secretario Xeral da asociación Lobo Marley.[1]
En febreiro de 2020 ocupou a «Wayne G. Basler Chair of Excellence» da East Tennessee State University para impartir leccións de paleoarte.[2]
Tamén realizou ilustracións para numerosos libros e artigos (selección de libros):