Nome orixinal | Max Carl Anton Fürbringer |
---|---|
Biografía | |
Nacemento | 30 de xaneiro de 1846 Lutherstadt Wittenberg |
Morte | 6 de marzo de 1920 (74 anos) Heidelberg |
Datos persoais | |
País de nacionalidade | Alemaña |
Formación profesional | Medicina, Doutor en Ciencias Naturais |
Educación | Universidade de Jena, Universidade Humboldt de Berlín |
Actividade | |
Lugar de traballo | Heidelberg |
Ocupación | biólogo , profesor universitario , anatomista , ornitólogo , paleontólogo |
Empregador | Universidade de Ámsterdam, Dutch ordinary professor (en) . Faculteit der Geneeskunde (en) (1879–1888) Universidade de Jena Universidade de Heidelberg |
Membro de | |
Lingua | Lingua alemá |
Obra | |
Abreviatura do autor en zooloxía | Fürbringer |
Familia | |
Irmáns | Paul Fürbringer (pt) |
Premios | |
Véxase o texto |
Max Carl Anton Fürbringer, nado o 30 de xaneiro de 1846 en Wittenberg, Reino de Saxonia e finado o 6 de marzo de 1920 en Heidelberg, foi un anatomista alemán.
Fürbringer comezou a estudar Ciencias Naturais en Jena, estudos que continuou en Berlín, doutorándose alí en 1869 cunha tese sobre Zooloxía. Desempeñando un posto de axudante de Karl Gegenbaur en Jena, este animouno a estudar Medicina. En 1873 aceptou unha chamada da Universidade de Heidelberg, onde foi habilitado para imparir docencia en Anatomía en 1877, e foi nomeado profesor asociado en 1879.
En 1879 foi nomeado profesor titular en Ámsterdam, e en 1888 recibiu a cátedra de Anatomía da Universidade de Jena. En 1901 foi nomeado director do Instituto Anatómico da Universidade de Heidelberg.[1]
En 1881 foi elixido membro da Leopoldina.[2]
Publicou os seus estudos de anatomía comparada en Untersuchungen zur Morphologie und Systematik der Vögel, 1888.
Describiu, entre outros taxons, a orde dos podicipediformes e a suborde dos anguimorfos.
En 1912 retirouse e morreu o 6 de marzo de 1920 en Heidelberg.
Foi membro das Academias:
A abreviatura Fürbringer emprégase para recoñecer a Max Fürbringer como autoridade na desrición e taxonomía en zooloxía.