Nome orixinal | (ja) ろくでなし子 |
---|---|
Biografía | |
Nacemento | 14 de marzo de 1972 (52 anos) Xapón |
Educación | Kokugakuin University (en) |
Actividade | |
Ocupación | escultora, artista, Mangaka, activista polos dereitos das mulleres |
Outro | |
Cónxuxe | Mike Scott (2016–) valor descoñecido (2002–2012) |
Condenada por | distribution of obscene objects (en) (2014) distribution of obscene objects (en) , Minori Kitahara (en) (2014) |
Sitio web | 6d745.com |
Megumi Igarashi (五十嵐恵 Igarashi Megumi?, nada en 1972), tamén coñecida polo pseudónimo «Rokudenashiko»,[a][1] é unha escultora e artista[2] xaponesa, que se fixo famosa polos seus traballos sobre a vulva. Igarashi considera que a súa misión é desmitificar os xenitaris femininos no Xapón, país onde, segundo ela, os órganos sexuais femininos están "demasiado ocultos" en comparación coas imaxes fálicas masculinas.[3]
Igarashi deseñou moitas obras cuxa temática se basea na vulva, incluíndo unha araña, un coche de control remoto, colares e cubertas de iPhone. Os pequenos dioramas son parte da serie chamada "Decoman" (un xogo de palabras a partir do termo manko, palabra xaponesa para referirse á "vulva"). Buscando facer algo máis grande, Igarashi considerou facer unha porta, e un coche, antes de centrarse no deseño dun kaiak, inspirado pola conexión entre a sexualidade feminina e o mar. Ao final, acabou construíndo un kaiak baseado nunha reprodución 3D da súa propia vulva.[4] Igarashi logrou financiar este proxecto a través dunha campaña de mecenado participativo, enviando os datos 3D do kaiak a todos os doantes que contribuíron cunha cifra superior aos 3.000 iens[5] A través dos datos 3D, os doantes poderían obter esta representación da súa vulva. Posteriormente, este kaiak sería exposto nunha galería de arte de Tokio.[6]
En xullo de 2014, Igarashi foi arrestada por unha suposta violación das leis xaponesas sobre obscenidade, ao enviar por correo electrónico os datos do escáner 3D da súa vulva a aquelas persoas que apoiasen a campaña de mecenado participativo para a construción do kaiak.[3] Máis de 21.000 persoas asinaron unha petición en liña na que instaban o goberno para que Igarashi fose posta en liberdade.[7] Finalmente, unha semana despois foi liberada tras recorrer exitosamente a súa detención.[8]
O 3 de decembro de 2014, Igarashi foi arrestada baixo a acusación de exhibir un obxecto obsceno, xunto con Minori Watanabe —unha escritora, activista do movemento feminista e dona dunha sex shop—.[9] Watanabe tamén foi arrestada, aínda que posteriormente sería posta en liberdade.[10] Igarashi foi acusada de "exhibicionismo obsceno", "rexistros electromagnéticos obscenos", así como posterior distribución destes,[11] aínda que sería posta en liberdade unhas semanas despois, o 26 de decembro. O seu xuízo comezou en abril de 2015,[12][13] e 8 de maio de 2016 a xustiza nipoa ditou sentenza: nas acusacións relativas ao Kaiak non foi atopada culpábel, caso distinto no relativo ás impresións 3D da súa vulva, polas que foi condenada a unha multa de 400000 yenes —a metade do que pedía a acusación—.[14]
O seu traballo foi recoñecido no documental #Female Pleasure da directora Barbara Miller.[15]
En outubro de 2016 Igarashi contraeu matrimonio con Mike Scott, o líder do grupo musical The Waterboys.[16]
Wikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Megumi Igarashi |