Biografía | |
---|---|
Nacemento | (es) María de las Mercedes Brea López 31 de maio de 1950 (74 anos) A Estrada, España |
Educación | Universidade de Santiago de Compostela |
Actividade | |
Ocupación | lingüista |
Membro de | |
María de las Mercedes Brea López, nada na Estrada o 31 de maio de 1950,[1] é unha filóloga galega da área de Filoloxía Románica da Universidade de Santiago de Compostela.
En 1972 licenciouse en Filosofía e Letras (sección de filoloxía románica) pola Universidade de Santiago de Compostela, acadando o Premio extraordinario fin de carreira e máis o Premio nacional fin de carreira. En 1973 comezou como docente na universidade compostelá. Máis tarde, en 1975, doutorouse en Filoloxía Románica. En 1983 pasou a traballar na Universidade de Granada,[1] converténdose en catedrática en 1984. Regresou á USC en 1986. En 2000 foi elixida decana da Facultade de Filoloxía da Universidade de Santiago de Compostela. Tamén foi Directora do Servizo de Publicacións e Vicerreitora de Profesorado na USC.
Ademais dirixe a Escola de Doutoramento en Artes e Humanidades, Ciencias Sociais e Xurídicas, e coordina o grupo de investigación GI-1350 da USC, ademais da Rede de estudos medievais interdisciplinares que subvenciona a Xunta de Galicia.[2]
É colaboradora de revistas coma Verba, Grial, Revista Galega do Ensino ou Revistas de Lenguas y Literaturas Catalana, Gallega y Vasca. Exerce de investigadora principal no proxecto O cancioneiro de xograres galegos.