Biografía | |
---|---|
Nacemento | 29 de marzo de 1961 (63 anos) Majdan Lipowiecki (República Popular de Polonia) |
Roman Catholic Archbishop of Lviv (en) | |
21 de outubro de 2008 – ← Marian Jaworski Diocese: Arquidiocese católica latina de Lviv | |
Datos persoais | |
Relixión | Igrexa católica |
Educación | Pontificia Universidade de San Tomé de Aquino Universidade Católica de Lublin |
Actividade | |
Ocupación | bispo católico (2007–), sacerdote católico (1987–) |
Consagración | Bieito XVI |
Premios | |
Descrito pola fonte | Obálky knih, |
Mieczysław Mokrzycki, nado o 29 de marzo de 1961 en Majdan Łukawiecki (Polonia) é un eclesiástico católico latino, arcebispo de Lviv dos Latinos dende 2008.
Mieczysław Mokrzycki naceu en Majdan Lukawiecki, un asentamento do concello de Wielkie Oczy, no voivodato de Supcarpacia. Logo da secundaria, estudou Teoloxía na Universidade Católica de Lublin.
O 17 de setembro de 1987 foi ordenado sacerdote da arquidiocese de Lviv polo seu administrador apostólico, Marian Jaworski. En 1996 doutorouse en Teoloxía na Pontificia Universidade de San Tomé de Aquino
O 16 de xullo de 2007 o papa Bieito XVI nomeouno arcebispo coadxutor con dereito a sucesión de Lviv dos Latinos. Recibiu a consagración episcopal do mesmo papa o 29 de setembro de 2007, e tendo como co-consagrantes ao mesmo Jaworski, entón arcebispo de Lviv, e a Tarcisio Bertone, camarlengo da Igrexa.
Sucedeu a Jaworski o 21 de outubro de 2008 como arcebispo de Lviv dos Latinos.