De novo formou parte do Colectivo Xofre. Autor con gran proxección internacional,[1] os seus libros e cómics foron traducidos a moitos idiomas.[2]
Outra faceta importante é a de ilustrador. Algúns dos seus traballos son os de La ley del amor (1995) de Laura Esquivel e para libros infantís e xuvenís, como Cando o mar foi polo río, de Manuel María; O centro do labirinto, de Agustín Fernández Paz; ou Bala perdida de Manuel Rivas. As súas historias adoitan ser emotivas e dotadas dunha forte sensibilidade galega.[3]
Ademais da súa actividade artística, Miguelanxo Prado ten unha faceta coma divulgador. É o director, desde a súa creación en 1998, do salón Viñetas desde o Atlántico, que ten lugar anualmente no mes de agosto na Coruña.[4]
Os compañeiros (A orde da pedra), con guión de Tino Fernández Maceiras (1980-1981): Editado como faldrón na páxina de "Cartas ó Director" de La Voz de Galicia. As tiras reeditáronse conxuntamente en 2008 por El Patito Editorial.[7][8][9]
Fragmentos da enciclopedia délfica (1982-1983): Editado inicialmente por entregas por Toutain Editor na súa revista de BD de Ciencia ficción 1984, posteriormente reeditado de forma conxunta por Norma Editorial en 1996.[10]
Stratos (1984-1985): Editado por entregas na revista Zona84 de Toutain Editor. Con prólogo de Xosé Luís Méndez Ferrín.[11] Foi editado posteriormente nun único volume por Norma Editorial.[12]
Crónicas Incongruentes: Historias publicadas entre 1985 e 1986 na revista Comix + Ilustración de Toutain Editor. Posteriormente serían publicadas nun único volume por Norma Editorial.[13][14]
Tanxencias (1987-1996)
Quotidianía delirante: historias publicadas orixinalmente na revista El Jueves en 1988, 1990 e 1996. As historias foron publicándose xuntas en varios volumes en diferentes anos ata que en 2003 foron todas publicadas nun único volume por Norma Editorial co título Quotidanía derilante integral.[15]
Manuel Montano. El manantial de la noche (1ª edición en 1988): Guión de Fernando Luna. Trala súa publicación seriada na revista Cairo, Norma Editorial publicou en 1989 o álbum Manuel Montano. El manantial de la noche como número 17 da súa colección Los Álbumes del Cairo (variaron título e portada). Foi reeditado numerosas veces, tanto en castelán coma noutras linguas.[16][17][18]
Páxinas Crepusculares (historias inducidas) (1993): Recompilación de historias curtas de diferente orixe.
Ademais, realizou colaboracións de maior ou menor importancia, como a historia curta para o álbum de BD que conmemora os douscentos anos da revolución francesa, ou as súas colaboracións coa desaparecida revista infantil-xuvenil de BD galega Golfiño.
Foi o deseñador da mascota oficial do programa infantil da TVG, o Xabarín Club, así como de diferentes personaxes do programa e do elenco da serie de animación producida en Galicia Os vixilantes do Camiño.
Tamén traballou na serie de animación Men In Black, baseada no filme do mesmo nome protagonizado por Will Smith. Foi producida por Steven Spielberg a través de Dreamworks.
En xaneiro de 2007 presentouse nas salas cinematográficas españolas De profundis, unha longametraxe sen diálogos dirixida por Miguelanxo Prado e con música do compositor Nani García. Foi proposta para os premios Goya como mellor longametraxe de animación de 2006. Este traballo experimental foi debuxado enteiramente por el e animado con técnicas informáticas.
Grande premio do Saló del Comic de Barcelona en 2007.
Premio Fervenzas Literarias ao mellor ilustrador de 2012.
Premio Fervenzas Literarias ao mellor libro de Banda Deseñada do 2012, por Ardalén.
Premio Nacional del Cómic 2013, por Papeles dispersos II.[20]
Prémios Bandas Desenhadas 2020 en Portugal: Melhor Publicação Estrangeira O Pacto da Letargia, o primeiro volume da Trilogia do Tríscelo, editada pola Ala dos Livros.[22]
↑Cuadrado, Jesús en "Década tras década, hasta el desplome final", presentación no catálogo Certamen de Cómic Injuve de 1998, Madrid, 10/1998.
↑Cuadrado, Jesús en Traficantes de viñetas, prólogo á monografía-catálogo Una historieta democrática, Dirección General de Bellas Artes y Archivos (Ministerio de Cultura), Madrid, 04/1991.