Biografía | |||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|
Nacemento | 14 de xullo de 2004 (20 anos) Rexión de Sédhiou, Senegal | ||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
Altura | 1,86 m | ||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
Actividade | |||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
Ocupación | futbolista | ||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
Deporte | fútbol | ||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
Posición de xogo | Defensa central | ||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
| |||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
Mikayil Ngor Faye, nado en Sédhiou (Casamansa, Senegal), o 14 de xullo de 2004, é un futbolista senegalés que xoga como defensa central no Barcelona Atlètic, da Primeira División RFEF. É internacional coa selección senegalesa.
Formouse na canteira do Diambars FC, na cidade de Saly, pertencente á rexión de Thiès, onde coincidiu con Bamba Dieng, xogando como defensa central e en ocasións como lateral esquerdo.[1] A prensa vencellouno ao Olympique de Marsella e ao Stade de Reims,[2] pero foi co Dinamo Zagreb co que pasou a adestrar, antes de fichar polo NK Kustošija.[3]
O 8 de marzo de 2023 debutou co primeiro equipo do Kustošija na Prva NL, nun encontro ante o HNK Orijent.[4][5] Marcou o seu primeiro gol na liga o 22 de maio de 2023 contra o NK Hrvatski Dragovoljac.[6]
En xuño de 2023 foi fichado polo Barcelona Atlètic, da Primeira División RFEF.
Internacional coas categorías inferiores da selección do Senegal, participou na Copa Mundial Sub-17 de 2019, acadando os oitavos de final.[7] Foi convocado tamén pola selección sub-20 dirixida por Youssouph Dabo para as eliminatorias da Copa África sub-20 2021, aínda que non participou en ningún partido.[8]
O 22 de marzo de 2024 debutou coa selección absoluta do Senegal nun partido amigable contra Gabón, conseguindo cun espectacular disparo dende lonxe o segundo dos tres goles do seu equipo (3-0).[9]