Misao Fujimura

Modelo:BiografíaMisao Fujimura
操藤村
Nome orixinal(ja) 藤村操 Editar o valor en Wikidata
Biografía
Nacemento20 de xullo do 1886
Hokkaidō
Morte22 de maio do 1903
Cataratas de Kegon, Nikkō
Causa da mortesuicidio, afogamento Editar o valor en Wikidata
Lugar de sepulturaCemiterio de Aoyama Editar o valor en Wikidata
País de nacionalidadeXaponesa
Grupo étnicoXaponesa
EducaciónInstituto do Sur de Sapporo
Actividade
OcupaciónEstudante
ProfesoresNatsume Sōseki Editar o valor en Wikidata
Familia
IrmánsAkira Fujimura Editar o valor en Wikidata
ParentesNaka Michiyo, tío Editar o valor en Wikidata

Misao Fujimura (xaponés: Fujimura Misao 藤村操), nado o 20 de xullo do 1886 e finado o 22 de maio do 1903, foi un estudante de filosofía e poeta xaponés, recordado polo seu poema de despedida.

Traxectoria

[editar | editar a fonte]

Fujimura naceu en Hokkaidō no 1886. O seu avó foi un samurai do dominio de Morioka, e o seu pai foi trasladado á illa de Hokkaidō logo da Restauración Meiji como director do Banco de Hokkaidō. Fujimura estudou a secundaria en Sapporo, para logo trasladarse a Toquio coa intención de preparar os exames de ingreso para a Universidade Imperial.

Posteriormente, viaxou ás cataratas de Kegon, en Nikkō, unha zona célebre polas súas paisaxes. Alí, escribiu o seu poema de despedida no tronco dunha árbore para logo suicidarse. A súa tumba atópase no Cemiterio Aoyama da capital nipoa.

A historia foi moi comentada nos xornais da época. O famoso novelista Natsume Sōseki (1867-1916), naquela época profesor no instituto de Fujimura, reflexionou sobre a súa morte na súa obra Kusamakura (1906).[1]

O poema de Fujimura reflexiona sobre as causas que o conduciron ao suicidio. Os versos reflicten unha visión existencialista da realidade e da vida, comparando a inmensidade do mundo coa insignificancia do ser humano.[2] O texto é o seguinte:

Pensamentos no precipicio

Que vasto é o universo!
Que eterna a historia!
Quixen medir a inmensidade deste diminuto corpo.
Que autoridade ten a filosofía de Horacio?
A verdadeira natureza de toda a creación
é, nunha palabra, inescrutable.
Con este remorso, decido morrer.
De pé nunha pena sobre a cascada
carezo de temor algún.
Comprendo agora, por vez primeira,
que o gran pesimismo non é senón un grande optimismo.

  1. Asakura (2005): 45.
  2. Moore, Graham (2017-05-18). "'A delicate line between heaven and earth': Misao Fujimura and mental health". Exeposé Online (en inglés). Consultado o 2024-04-02. 

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Bibliografía

[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas

[editar | editar a fonte]