Mocidades Galeguistas | |
---|---|
Organización xuvenil de Galiza | |
Historia | |
Fundación | 1987 |
Posicións políticas | |
Ideoloxía | Nacionalismo galego Liberalismo Centro político Social liberalismo Federalismo Republicanismo[1] |
Outros datos | |
Sede | Santiago de Compostela |
Publicación | Terra Celta |
Mocidades Galeguistas foi unha organización xuvenil galega fundada en 1987 coma Mocidades Nacionalistas Galegas. A súa ideoloxía era o social liberalismo e o nacionalismo galego moderado, defendendo o encaixe de Galiza nunha España federal.
MMGG foi fundada en 1987 coma as xuventudes do Partido Nacionalista Galego co nome Mocidades Nacionalistas Galegas, fusionándose en 1988 coas Mocedades Galeguistas do Partido Galeguista Nacionalista e parte da Mocidade Nacionalista Galega de Coalición Galega[2].
En 1992 integráronse no Bloque Nacionalista Galego xunto co PNG-PG. En 2002 o PNG-PG declarou que as MMGG xa non eran o seu referente xuvenil despois dunha crise interna. Finalmente, en 2012 MMGG deixou o BNG e uniuse ao proxecto de Compromiso por Galicia[3]. Dende ese ano a organización non ten feito ningunha aparición pública, tendo publicado o último número da súa revista en abril de 2012[4].