Monos | |
---|---|
Ficha técnica | |
Título orixinal | Monos |
Director | Alejandro Landes |
Produtor |
|
Guión |
|
Intérpretes | |
Música | Mica Levi |
Fotografía | Jasper Wolf |
Montaxe |
|
Estudio |
|
Distribuidora |
|
Estrea | Festival de Sundance: 27 de xaneiro de 2019 15 de agosto de 2019 |
Duración | 103 minutos |
Orixe | Colombia Estados Unidos |
Xénero | Drama e bélico |
Orzamento | 2 millóns de dólares[1] |
Recadación | 1 322 983 dólares[2][3] |
Na rede | |
https://www.monos-film.com/home/ | |
|
Monos é un filme de 2019 dirixido por Alejandro Landes, escrito por Landes e Alexis Dos Santos e producido por Fernando Epstein, Santiago Zapata, Cristina Landes e o propio Landes. Está protagonizado por Julianne Nicholson e Moisés Arias. O filme conta a historia dun grupo de guerrilleiros adolescentes asignados para vixiar un refén. Lanzouse en Colombia o 15 de agosto de 2019 e nos Estados Unidos fíxose o 13 de setembro de 2019 a través de Neon e Participant, recibindo valoracións positivas por parte da crítica.
A súa estrea internacional fíxose no Festival de Sundance o 27 de xaneiro de 2019, onde gañou o Premio Especial do Xurado na categoría World Cinema Dramatic.[4] Foi escollido como candidato de Colombia ó Óscar ó mellor filme en lingua non inglesa na 92ª edición dos premios, mais finalmente non foi nomeado. Tamén foi o candidato ó Premio Goya á mellor película estranxeira de fala hispana na XXXIV edición dos premios.[5][6]