Moreno Veloso

Modelo:BiografíaMoreno Veloso

Editar o valor en Wikidata
Biografía
Nacemento22 de novembro de 1972 Editar o valor en Wikidata (51 anos)
Salvador, Brasil Editar o valor en Wikidata
Actividade
Ocupacióncantante Editar o valor en Wikidata
Xénero artísticoMúsica popular brasileira e Bossa nova Editar o valor en Wikidata
InstrumentoVoz e Instrumento de percusión Editar o valor en Wikidata
Familia
ParellaMarina Lima Editar o valor en Wikidata
PaiCaetano Veloso Editar o valor en Wikidata
ParentesMaria Bethânia Editar o valor en Wikidata

IMDB: nm0892687 Facebook: morenoveloso Twitter: Moreno_Veloso MySpace: morenoveloso BNE: XX5428155 Souncloud: moreno-veloso Musicbrainz: b4082b3e-1e45-4544-8d5b-a5fc367648fa Songkick: 458896 Discogs: 132461 Editar o valor en Wikidata


Moreno Gadelha Veloso, nado en Salvador o 22 de novembro de 1972, é un cantante e compositor brasileiro.

Traxectoria

[editar | editar a fonte]

É fillo de Caetano Veloso, un dos grandes expoñentes da música popular brasileira (MPB), e da primeira esposa deste, a actriz de orixe galega,[1] Idelzuith (Dedé) Gadelha Veloso.[2][3][4] Os seus padriños son os tamén músicos Rogério Duarte e Gal Costa.

Aínda que estudou Física na Universidade, escolleu o camiño da música, igual que seu pai. Formou un trío xunto con Alexandre Kassin e Domenico Lancelotti, publicando no ano 2000 o seu primeiro disco, titulado Máquina de Escrever Música, co selo Rock it!, de Dado Villa-Lobos. A banda cambiaba de nome con cada traballo, dependendo de quen era o músico principal en cada disco. Deste xeito chamouse Moreno+2, Kassin+2 e Domenico+2.[5]

En 2014 lanzou Coisa Boa. Ten composto para artistas como Adriana Calcanhotto, Roberta Sá ou o seu propio pai.

Vida persoal

[editar | editar a fonte]

Está casado, dende 2004, coa antropóloga Clara Flaksman e teñen dous fillos xuntos: Rosa, nada en xaneiro de 2006 e José, que veu ao mundo en novembro de 2008.

  1. "Moreno Veloso, guitarrista, cantante e hijo de Caetano Veloso: "Quiero hacer música pero no ser una estrella"". Faro de Vigo (en castelán). Ana Saá. Consultado o 1 de xaneiro de 2022. 
  2. "Paula Lavigne parabeniza Caetano Veloso: 'Painho, muita saúde'" (en portugués). 7 de agosto de 2014. Consultado o 1 de xaneiro de 2022. 
  3. Ferreira, Mauro (9 de setembro de 2020). "Caetano Veloso comove ao expor o Brasil, entre risos e lágrimas, em filme com memórias do cárcere" (en portugués). Consultado o 1 de xaneiro de 2022. 
  4. "Caetano se apresenta ao lado do filho Moreno Veloso em show no Rio" (en portugués). Consultado o 1 de xaneiro de 2022. 
  5. Cuiñas, Teresa (18 de febreiro de 2008). "El hijo de Caetano Veloso abre esta noche el 'Sinsal' en Vigo". El País (en castelán). Consultado o 1 de xaneiro de 2022. 

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Outros artigos

[editar | editar a fonte]