Moviment d'Esquerres | |
---|---|
Dirixentes e organización | |
Líder | Marina Geli, Ernest Maragall |
Historia | |
Fundación | 24 de xaneiro de 2015 |
Posicións políticas | |
Ideoloxía | Socialdemocracia, independentismo catalán |
Representación | |
Parlamento de Cataluña | 1 / 135 |
Parlamento Europeo | 1 / 54 |
Outros datos | |
Na rede | |
mesesquerres.cat | |
Moviment d'Esquerres (MES, en galego: Movemento de Esquerdas) é un partido político de ideoloxía socialdemócrata e independentista catalán. Presentouse en novembro de 2014, resultado da fusión de Nova Esquerra Catalana e Moviment Catalunya, as dúas escisións do Partit dels Socialistes de Catalunya (PSC).
Para as eleccións municipais de 2015 presentou 45 listas conxuntas con Esquerra Republicana de Catalunya, tres con Iniciativa per Catalunya Verds e tres en solitario.[1]
Nas eleccións ao Parlamento de Cataluña de 2015 integrouse na coalición independentista Junts pel Sí.[2]