Mowgli: Legend of the Jungle | |
---|---|
Ficha técnica | |
Título orixinal | Mowgli: Legend of the Jungle |
Director | Andy Serkis |
Produtor | |
Guión | Callie Kloves |
Baseado en | All the Mowgli Stories de Rudyard Kipling |
Intérpretes | |
Música | Nitin Sawhney |
Fotografía | Michael Seresin |
Montaxe |
|
Estudio | Warner Bros. Pictures[1] The Imaginarium |
Distribuidora | Netflix |
Estrea | Bombai: 25 de novembro de 2018 29 de novembro de 2018 |
Duración | 104 minutos |
Orixe | Estados Unidos Reino Unido |
Xénero | Aventuras |
Na rede | |
http://www.mowglimovie.com | |
|
Mowgli: Legend of the Jungle (tamén coñecido e estilizado sinxelamente como Mowgli) é un filme de aventuras dirixido por Andy Serkis cun guión de Callie Kloves, baseado nas historias All the Mowgli Stories de Rudyard Kipling. Está protagonizado por Rohan Chand, Matthew Rhys e Freida Pinto, e conta coas voces e a captura de movementos de Christian Bale, Cate Blanchett, Benedict Cumberbatch, Naomie Harris e Serkis.
Existe unha versión orixinal dobrada á lingua hindi, co obxectivo de atraer a audiencia india, onde as voces e a captura de movementos son achegados por Abhishek Bachchan como Bagheera, Jackie Shroff como Shere Khan, Kareena Kapoor como Kaa, Vicky Kaushal como Tabaqui, Anil Kapoor como Baloo, Shashank Arora como Akela, Madhuri Dixit como Nisha e Pavan Malhotra como Vihaan.