Mundo Obrero

Mundo Obrero

Exemplar de Mundo Obrero do 9 de marzo de 1933
TipoÓrgano de expresión política
Fundación23 de agosto de 1930
PropietarioPCE
DirectorGinés Fernández
LinguaCastelán
TiraxeMensual
Na rede
http://www.mundoobrero.es/
Twitter: mundoobrero Editar o valor en Wikidata
Descrito porGrande Enciclopedia Soviética (1926—1947)
editar datos en Wikidata ]

Mundo Obrero é unha publicación do Partido Comunista de España (PCE), que comezou a publicarse o 23 de agosto de 1930.

Comeza a publicarse o 23 de agosto de 1930, aínda que outras fontes citan como data de fundación o 14 de novembro de 1931.[1] Nos seus comezos estaba dirixido polo xornalista peruano César Falcón, e financiado pola Unión Soviética.

Durante a maior parte da Segunda República e a Guerra Civil publicouse como diario, alcanzando unha gran difusión. Tras contender seguiu publicándose no exilio e algúns exemplares foron elaborados de forma clandestina nos cárceres e agrupacións guerrilleiras, converténdose nunha valiosa ferramenta das actividades comunistas, claves na oposición ao franquismo.

Hoxe en día é o órgano de comunicación máis importante do PCE. Despois de renovar o seu formato no 2008, a publicación continúa difundíndose dende o PCE e inclúe artigos e informes de actualidade social e política, entrevistas, expedientes, encontros de debate, actos, comentarios de libros e medios audiovisuais, e información da labor que desenvolven os comunistas en España e no mundo.

  1. Alba, Víctor (1983). The Communist Party in Spain. Transaction Books. ISBN 0-87855-464-5. 

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas

[editar | editar a fonte]