Mushishi

Mushishi
蟲師
(Mushishi)
Manga
Creado por Yuki Urushibara
Editor Kodansha
Publicado en Afternoon
Primeira edición 1999
Última edición 2008
Núm. de volumes 10
Anime ''
Dirixido por Hiroshi Nagahama
Estudio Artland
Canle televisiva Fuji TV, BS Fuji, Animax
Primeira emisión 22 de outubro de 2005
Última emisión 18 de xuño de 2006
Núm. de capítulos 26

Mushishi (xaponés: 蟲師) é unha serie de manga e anime xaponesa, escrita e ilustrada por Yuki Urushibara, e publicada pola editorial Kodansha na revista mensual Afternoon dende 1999 ata agosto de 2008.

O manga foi adaptado nun anime do mesmo nome en 2005. A produción correu a cargo do estudio Artland e foi dirixida por Hiroshi Nagahama. O 24 de marzo de 2007 estreouse unha longametraxe “live-action” sobre a obra, dirixida por Katsuhiro Otomo.

O manga gañou o premio á excelencia no Japan Media Arts Festival de 2003 e o Premio Kōdansha ó mellor manga en 2006.

A historia caracterízase pola presenza dunhas curiosas criaturas chamadas Mushi, que a miúdo amosan poderes sobrenaturais. Os Mushi son descritos coma entidades en contacto coa esencia da vida, dun xeito máis básico e puro cós seres vivos ordinarios. Por mor da súa natureza etérea, a maioría dos humanos son incapaces de percibir ós Mushi e a existencia destes élles allea, pero hai algúns que posúen a habilidade de ver e interactuar cos Mushi.

Un deles é Ginko (ギンコ?), o personaxe principal da serie. Este traballa por conta propia coma mestre de Mushi (蟲師 mushi-shi?), viaxando dun lugar a outro co galo de investigar os Mushi e axudar a quen sofre polos problemas que ás veces orixinan. A serie constitúe unha antoloxía episódica na que os únicos elementos comúns a tódolos capítulos son o propio Ginko e os múltiples tipos de Mushi. Non existe unha trama predefinida.

Personaxes

[editar | editar a fonte]

Dada a natureza episódica da serie, non hai moitos personaxes recorrentes, e polo tanto a lista de actores de dobraxe é moi extensa. Ginko é interpretado por Yuto Nakano.

O inhabitual cabelo branco e os ollos verdes de Ginko son o resultado dun accidente acontecido cando este non era máis ca un cativo. Non chega a explicarse na serie por que no contexto do relato as súas roupas non corresponden co período que reflicten os outros personaxes, aínda que o autor explicou que se conservou do deseño do personaxe pensado para o escenario orixinal, ambientado nos tempos modernos. Ginko é unha persoa excepcional que atrae ós mushi. Isto é o que inspira o seu errabundo estilo de vida. Permanecer no mesmo lugar durante demasiado tempo conduciría a un amoreamento potencialmente perigoso de mushi. Tamén fuma constantemente, co fin de manter ós mushi a raia. En termos de personalidade, Ginko tende a ser tranquilo e relaxado. De calquera xeito, sabe pórse serio cando se trata de protexer á xente dos mushi. Por outra banda, a miúdo insiste en que estes non son ruíns, tan só tratan de sobrevivir coma calquera outro.

Só hai dous personaxes ademais de Ginko que repitan a súa aparición na serie, e son Adashino, un doutor que colecciona obxectos en relación cos mushi e que aparece nos episodios 5, 10, e brevemente no 18, e mais Nui, unha muller de aspecto similar a Ginko que aparece só no capítulo 12, se ben pode escoitarse a súa voz narrando algunhas das liñas de inicio e peche de cada episodio. O veterano Yūji Ueda e Mika Doi danlle voz a cada un, respectivamente.

Adaptacións

[editar | editar a fonte]

Serie televisada

[editar | editar a fonte]

O anime, producido por Artland e dirixido por Hiroshi Nagahama, estendeuse ó longo de 26 episodios. Os primeiros 20 viron a luz entre outubro de 2005 e marzo de 2006 en Fuji TV e mailos seus asociados, incluíndo Kansai TV, Tōkai TV, Hokkaidō Bunka Hoso, TV Shinhiroshima, e TV Nishinippon. Do 21 ó 26 transmitíronse en BS Fuji tódolos domingos dende o 14 de maio de 2006 ata o 18 de xuño do mesmo ano.

A serie de televisión cobre tódolos episodios dos primeiros cinco volumes do manga e o primeiro relato do sexto, sen se adherir á orde orixinal.

No 5º Premio Tokyo Anime durante a Feira Internacional de Anime de Tokyo, celebrada o 25 de marzo de 2006, o anime gañou os premios correspondentes ás categorías de series televisadas e mellor dirección artística (por Takashi Waki).[1]

A serie foi transmitida posteriormente pola canle televisiva xaponesa de anime Animax, quen tamén a emitiu máis tarde a través das súas respectivas canles ó redor do mundo, incluíndo Hong Kong, Taiwán, Corea do Sur e América Latina. Actualmente non existe dobraxe ó galego.

Créditos

[editar | editar a fonte]

Elenco principal

[editar | editar a fonte]

Tema de apertura (Opening)

[editar | editar a fonte]
  • The Sore Feet Song, interpretado por Ally Kerr

Temas de peche (Ending)

[editar | editar a fonte]

Tódolos temas foron compostos por Toshio Masuda.[2]

Episodio Titulo Álbum Track Número
1 Midori no Za (On Air Ver.) Mushishi Soundtrack 2 24
2 Mabuta no Hikari Mushishi Soundtrack 1 6
3 Yawarakai Tsuno Mushishi Soundtrack 1 3
4 Makura Kouji Mushishi Soundtrack 1 4
5 Tabi wo Suru Numa Mushishi Soundtrack 1 10
6 Tsuyu wo Suu Mure Mushishi Soundtrack 1 12
7 Ame ga Kuru Niji ga Tatsu Mushishi Soundtrack 1 9
8 Umi Sakai (Unasaka) Yori Mushishi Soundtrack 1 7
9 Omoi Mi Mushishi Soundtrack 1 14
10 Suzuri ni Sumu Shiro Mushishi Soundtrack 1 16
11 Yama Nemuru Mushishi Soundtrack 1 18
12 Sugame no Sakana (On Air Ver.) Mushishi Soundtrack 2 23
13 Hito Yo Bashi Mushishi Soundtrack 1 13
14 Kago no Naka Mushishi Soundtrack 2 12
15 Haru to Usobuko Mushishi Soundtrack 2 7
16 Akatsuki no Hebi Mushishi Soundtrack 2 4
17 Uro Mayu Tori Mushishi Soundtrack 2 8
18 Yama Daku Koromo Mushishi Soundtrack 2 13
19 Teppen no Ito Mushishi Soundtrack 2 2
20 Fude no Umi Mushishi Soundtrack 2 3
21 Wata Houshi Mushishi Soundtrack 2 18
22 Oki tsu Miya Mushishi Soundtrack 2 6
23 Sabi no Naku Koe Mushishi Soundtrack 2 14
24 Kagari no Kou Mushishi Soundtrack 2 20
25 Ganpuku Ganka Mushishi Soundtrack 2 17
26 Kusa wo Fumu Oto Mushishi Soundtrack 2 21

Longametraxe

[editar | editar a fonte]

En 2006 foi estreada unha película de Imaxe real de Mushishi baixo o nome Mushishi live-action, dirixida por Katsuhiro Otomo. A estrea celebrouse durante o Festival Internacional de Cine de Venecia.[3]

A trama da película correspóndese cos episodios 2, 7, 9 e 15 do manga. O cadro de actores inclúe a Joe Odagiri como Ginko, Makiko Esumi como Nui e Yū Aoi como Tanyū.

Videoxogo

[editar | editar a fonte]

A adaptación da serie ó mundo dos videoxogos foi posta á venda o 31 de xaneiro de 2008 para a Nintendo DS no Xapón.

Recepción

[editar | editar a fonte]

A serie ten recibido numerosos premios; en 2003, o manga foi galardoado co premio á Excelencia no 7ª Festival das artes multimedia do Xapón, mentres que en 2006 obtivo o Premio Kōdansha ó mellor manga.[4] No 10º Festival das artes multimedia do Xapón, tanto o anime como o manga remataron entre os 10 primeiros nas súas respectivas categorías ó mellor manga e anime.[5] O anime gañou o primeiro premio nas categorías de serie televisada e mellor dirección artística no Tokyo Anime Award durante a Feira Internacional de Anime de Tokyo en 2006.[1]

  1. 1,0 1,1 "東京国際アニメフェア2006" (en Japanese). taf.metro.tokyo.jp. Arquivado dende o orixinal o 18 de xullo de 2006. Consultado o 2006-07-30. 
  2. Mushi-Shi (TV)
  3. "Mushishi". Anime News Network. 2006-07-28. Consultado o 2006-07-30. 
  4. "過去の受賞者一覧 : 講談社漫画賞 : 講談社「おもしろくて、ためになる」出版を" (en Japanese). Kodansha. Arquivado dende o orixinal o 03 de xullo de 2010. Consultado o 2007-08-21. 
  5. "文化庁メディア芸術祭10周年企画アンケート日本のメディア芸術100選 結果発表". Arquivado dende o orixinal o 15 de abril de 2009. Consultado o 2007-05-03. 

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas

[editar | editar a fonte]